Home A Coruña O Concello de Noia adxudica por 380.000 € a rehabilitación das naves...

O Concello de Noia adxudica por 380.000 € a rehabilitación das naves do antigo Estaleiro de Hermida, que estará lista en tres meses

- Anuncio -

Santiago Freire destaca que os traballos suporán “unha posta en valor deste inmoble, que afeaba o paseo marítimo e que, cando estea acondicionado, prestará un servizo náutico-deportivo ao Club de Remo”

O Concello de Noia vén de adxudicar por 379.988 euros as obras de rehabilitación das naves do antigo Estaleiro de Hermida en Abruñeiras (Barro) á empresa Arines Obras y Proyectos SL. Un contrato que xa foi formalizado polo Executivo noiés polo que as obras comezarán nos próximos días.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, explica que esta actuación ten un dobre obxectivo: “por unha parte, recuperar un inmoble que se atopa nunhas malas condicións de conservación e que tiña un aspecto paisaxístico sobre o paseo marítimo de Noia e, por outra, poñelo en valor como instalación náutico-deportivo que prestará servizo ao Club de Remo de Noia”. Un novo espazo que servirá como local adicional “para un club que está medrando en número de asociados e para os que as instalacións que teñen no porto do Testal, que xa melloramos tamén nestes últimos anos, se lles empezan a quedar pequenas. Coa rehabilitación destas naves poderán dispoñer dun espazo moito máis amplo”.

Freire Abeijón adianta que “as obras darán comezo nos próximos días e, como contan cun prazo de execución de tres meses, agardamos que poidan estar xa listas para este mesmo verán e poidan ser desfrutadas polos centos de persoas que integran o Club de Remo de Noia”. As obras inclúe o saneado das fachadas das naves do Estaleiro de Hermida, así como o seu acondicionamento interior subindo a cota do pavimento para evitar inundacións e compartimentando as naves para separar os hangares de embarcacións dos vestiarios. Así mesmo, se inclúen novas instalacións de electricidade, alumeado, fontanería, saneamento e ventilación.

Recuperación ambiental

O alcalde de Noia amósase moi satisfeito polo inicio dunha actuación que dá continuidade aos traballos de recuperación ambiental do borde marítimo da costa de Abruñeiras iniciados na lexislatura pasada. Daquela, o Goberno presidido por Freire Abeijón investira case 60.000 euros na consolidación dos muros exteriores de mampostería da antiga fábrica de motores “Motoraco”, así como un sendeiro peonil entre punta Abruñeiras e Río do Porto.

“Con esta segunda fase non só estaremos integrando paisaxisticamente a nave do antigo estaleiro de Hermida, senón que estamos tamén poñendo en valor parte do patrimonio industrial e mariñeiro do noso concello”, indica Santiago Freire, “recuperando estas instalacións para desfrute público”.

Características das obras

Durante os próximos tres meses, Arines Obras y Proyectos SL vai actuar sobre un inmoble de 863 metros cadrados de superficie cuxa construción data de 1965. Trátase dun complexo formado por unha nave principal de planta rectangular que leva adosada unha segunda nave na fachada sur, de menor altura, e cun terceiro inmoble na fachada norte cun depósito de auga elevado sobre unha estrutura independente.

Para dar resposta ás necesidades do Club de Remo de Noia, o proxecto inclúe a habilitación de dous hangares de embarcacións, un taller de reparacións, un foso interior, dous vestiarios, un almacén e unha zona de vestíbulo. A intención é destinar a nave central e a nave sur como hangares de embarcacións e zona de reparacións para o Club de Remo de Noia, mentres que os vestiarios e a entrada ao complexo terá lugar pola nave norte. Como elemento singular realizarase un foso para adestramentos ao este da nave central.

As obras inclúen o saneado das fachadas con SATE de cor branca, cun zócalo de granito silvestre abuxardado na parte inferior das fachadas para integralo co terreo. Tendo en conta a proximidade ao mar e para reducir riscos de inundación das instalacións, as obras incluirán subir o nivel interior do inmoble cunha soleira e aproveitar ese oco para incluír as instalacións de saneamento.

En todo caso, e para que o Club de Remo de Noia poida dispoñer dunhas instalacións o máis versátiles posible, a distribución interior acometerase cun sistema de tabiquería lixeira. Ademais contémplase o pintado de paredes e teitos de todo o inmoble, coa excepción dos recintos das dichas, que se alicatarán con plaquetas cerámicas. Finalmente, ademais dun novo alumeado, tanto a nave central como a nave sur, que están destinadas aos hangares das embarcacións, contarán cun pavimento de formigón armado semipulido; mentres que a nave norte, de acceso aos vestiarios, contará cun pavimento de plaquetas cerámicas antideslizantes.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas