Home A Coruña O Concello de Oleiros apoia a manifestación a prol da lingua convocada...

O Concello de Oleiros apoia a manifestación a prol da lingua convocada para o domingo 17 na Quintana en Santiago de Compostela

- Anuncio -

O domingo 17 de novembro ás 12:00 horas terá lugar na Praza da Quintana (Santiago de Compostela) unha manifestación convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego!” a favor do noso idioma e da súa normalización tras analizar os novos datos que poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística que está atravesar a lingua propia dos galegos e galegas.

Baixo o lema “un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva”, desde a plataforma cidadá, formada por máis de 600 entidades; reclámanse accións a favor do galego en todos os ámbitos coa fin de reverter a situación de emerxencia lingüística.

A hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta no ensino, no lecer infantil e xuvenil, na administración, xustiza, na televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas; xerou un dos peores resultados de usos da lingua propia dos galegos e galegas.

O Concello de Oleiros, no seu compromiso coa lingua; apoiou, apoia e apoiará calquera iniciativa a prol dunha normalización e incremento nos usos da lingua propia; o galego. Neste sentido, desde a aprobación da Ordenanza de usos do galego na administración local (2004) e a súa declaración como lingua oficial do Concello de Oleiros garántese o seu uso en todos os niveis administrativos así como de atendemento ao público e lingua vehicular de preferencia. Ademais, desde o Servizo de Normalización Lingüística municipal realízanse múltiples accións e actividades para todos os públicos encamiñadas á normalización dos usos da lingua nos espazos de lecer, na música, nas actividades cotiás, na infancia e xuventude etc.

O Concello de Oleiros apoiará a manifestación convocada por “Queremos galego!” onde se solicitarán como medidas urxentes a derrogación do decreto 79/2010 e a aprobación doutro que asegure os máximo niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas, así como a inmediata oferta de materiais didácticos para todas as etapas do ensino; asegurar a pleno dereito de uso e atención en galego en todo tipo de servizos, cultura e lecer; recuperar o papel normalizador da TVG (ampliando a oferta para público infantil e xuvenil adaptada), potenciar as artes escénicas e musicais en galego e produción en galego, fortalecer o sistema literario e editorial, fomentar a utilización da lingua galega en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares; e fortalecer e implementar o uso habitual do galego na administración pública (incluíndo servizos privatizados dependentes, disposición da opción en galego en programas informáticos, información, formularios, impresos…) e na atención en todas as súas formas con obrigatoriedade de coñecemento do galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas