O Concello de Oleiros subvencionará as ANPAS con 58.000 euros

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Oleiros ten aberta a convocatoria de subvencións destinada a asociacións de nais e pais dos centros de ensino público e das escolas artísticas municipais do concello de oleiros para a realización de actividades no ano 2025. O importe total a repartir é de 58.000 euros.

Esta iniciativa busca impulsar e promoción as actividades socioeducativas desenvoltas polas ANPAS. Concretamente, as dos Centros de Ensino Público de 2º ciclo de Educación Infantil, Primaria e Secundaria de Oleiros e as asociacións de nais e pais das escolas artísticas municipais (EMMO e CEMAE).

As asociacións interesadas poderán ser beneficiarias desta axuda cando estean legalmente constituídas, figuren inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros antes do 31/12/2024 e teñan un mínimo de trinta e cinco socios, entre outros requisitos. As solicitudes poderán presentarse a través da Sede Electrónica ata o 15 de setembro.

SOLICITUDES: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=CATALOGO&DETALLE=6269007494743858005301

Comparte este artigo