test
Home A Coruña O Concello de Ortigueira oferta unha ampla programación de roteiros de sendeirismo...

O Concello de Ortigueira oferta unha ampla programación de roteiros de sendeirismo durante todo o verán

- Anuncio -

• A iniciativa ‘Ortigueira ao paso’ é completamente gratuíta e programa 14 saídas entre durante os meses de xullo, agosto e setembro.

O Concello de Ortigueira, a través da concellería de Turismo, acaba de presentar a programación de roteiros de sendeirismo para este verán, unha oferta que presenta 14 itinerarios guiados repartidos durante os meses de xullo, agosto e setembro.
‘Ortigueira ao paso’, nome que recibe a iniciativa, consiste en actividades gratuítas que fomentan os hábitos de vida saudables, combinados coa promoción de lugares turísticos do municipio e a súa contorna, como os cantís de Espasante, Céltigos, Loiba ou Esteiro; a contorna do río Mera; o centro histórico de Santa Marta de Ortigueira; e mesmo o camiño de peregrinaxe a San Andrés de Teixido, que une Ortigueira co santuario situado no municipio de Cedeira.
Para participar destas saídas, as persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Oficina de Turismo ou no teléfono 981 422 089.

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Isabel Rego, afirma que “o goberno local pretende, con iniciativas como esta, fomentar os hábitos saudables e a relación coa contorna natural, á vez que damos a coñecer lugares de gran interese turístico e patrimonial do noso concello, aproveitando todo o potencial dos nosos espazos naturais”.
As datas e os destinos das saídas son as seguintes:
• JULIO:
◦ Mércores 17: San Andrés de Teixido.
◦ Venres 19: Roteiro da Intermareal de Ladrido
◦ Mércores 22: Roteiro do Neolítico.
◦ Venres 26: Cantís de Loiba e Esteiro.
• AGOSTO:
◦ Mércores 7: Cantís de Espasante e Céltigos.
◦ Venres 9: Río Mera
◦ Mércores 14: Marismas de San Adrián.
◦ Venres 16: San Andrés de Teixido.
◦ Mércores 21: Roteiro da Intermareal de Ladrido
◦ Venres 23: Roteiro do Neolítico.
◦ Mércores 28: Cantís de Loiba e Esteiro.
◦ Venres 30: Paseo polo centro histórico de Santa Marta de Ortigueira.
• SETEMBRO:
◦ Sábado 7: San Andrés de Teixido.
◦ Sábado 14: Cantís de Espasante e Céltigos.

Relacionadas

Xosé Merelles participa na gala do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde aos actos de celebración do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino,...

A Xunta avanza co concello de Santiago na prórroga do convenio da renovación do...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo esta mañá unha reunión co concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela,...

Incendio nun local hostaleiro da rúa do Concello de Miño

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos interviñeron pasadas as 14:00 horas deste mediodía nun operativo dirixido á extinción dun lume ocasionado no...

Susana Sampedro foi recoñecida pola súa traxectoria artística polo Concello de Ribeira

0
O Concello de Ribeira fíxolle unha recepción á querida veciña e actriz, Susana Sampedro.Arroupada por familiares, amigos veciñanza foi recepcionada no auditorio vello polo...

Alternativa presenta unha moción sobre a granxa porcina de Lañas

0
Alternativa dos Veciños presentou unha moción sobre as irregularidades na actividade da granxa porcina que se sitúa no lugar da Ermida na parroquia de...

Compostela #mudaoconto con teatro contra o antixitanismo de xénero

0
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais colabora con AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, no seu programa #mudaoconto contra...

Publicacións Relacionadas