HomeA CoruñaO Concello de Ponteceso anuncia a XXXIV edición da Festa do Percebe...

O Concello de Ponteceso anuncia a XXXIV edición da Festa do Percebe do Roncudo, que se celebrará o 18 de xullo

- Anuncio -spot_img

• O cartel e a programación daranse a coñecer proximamente.

• O alcalde, José Manuel Mato, destacou que “a Festa do Percebe do Roncudo é unha das grandes señas de Ponteceso”, ao tempo que agradeceu o traballo da Asociación Promoción do Percebe do Roncudo e o apoio da Xunta e de Turismo de Galicia.

O Concello de Ponteceso deu a coñecer a data de celebración da XXXIV edición da Festa do Percebe do Roncudo, unha das citas gastronómicas e festivas máis emblemáticas da zona, que terá lugar o vindeiro 18 de xullo. Trátase dun evento plenamente consolidado no calendario estival galego, que cada ano atrae ao municipio milleiros de visitantes procedentes de diferentes puntos de Galicia, converténdose nun importante motor de promoción turística e económica para a comarca.
A Festa do Percebe do Roncudo está organizada pola Asociación Promoción do Percebe do Roncudo, co apoio do Concello de Ponteceso, da Xunta de Galicia e de Turismo de Galicia, unha colaboración institucional que permite seguir impulsando unha celebración que pon en valor un dos produtos máis recoñecidos e apreciados do litoral galego.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, destacou a importancia desta festa tanto desde o punto de vista cultural como económico: “A Festa do Percebe do Roncudo é unha das grandes señas de identidade de Ponteceso. Non só fala da calidade excepcional do noso percebe, senón tamén do traballo, do esforzo e da tradición mariñeira da nosa xente. Cada edición supón unha oportunidade para dar a coñecer o noso concello e para dinamizar a economía local”, sinalou.
Desde o Concello subliñan que a edición deste ano manterá a esencia que fixo grande esta celebración ao longo de máis de tres décadas, apostando por unha ampla programación pensada para todos os públicos, que combinará todo tipo de actividades. Proximamente presentarase o cartel oficial da festa, no que se darán a coñecer máis detalles sobre as propostas culturais e de lecer previstas para esa xornada.
O rexedor municipal tamén quixo poñer en valor o traballo da entidade organizadora e a colaboración entre administracións: “Quero agradecer especialmente o labor da Asociación Promoción do Percebe do Roncudo e o apoio da Xunta de Galicia e de Turismo de Galicia. Grazas a este esforzo conxunto, Ponteceso pode seguir presumindo dunha festa que xa é un referente en toda Galicia”, concluiu José Manuel Mato.

Publicacións Relacionadas