O Concello de Ribeira adxudica a execución do proxecto de iluminación do punto de interpretación en Punta do Castro

Redacción

 O contrato supera os 30.000 euros por un prazo de execución das obras de mes e medio

O Concello de Ribeira adxudica o proxecto de iluminación do miradoiro-punto de interpretación da paisaxe en Punta do Castro. Trátase dunha nova actuación ao abeiro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), financiado con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Dita intervención suporá un valor engadido para a visita ao conxunto arquitectónico desta antiga fábrica de salgadura, integrando a iluminación como unha ferramenta fundamental para a comprensión espacial, histórica e material do lugar, sen alterar a súa autenticidade nin interferir na súa conservación. Reforzará a lectura dos elementos (a fábrica e o miradoiro) facilitando o percorrido do visitante de maneira clara e segura.

A empresa Montaxes Eléctricas Noroeste, S.L. resultou a adxudicataria das tres que concorreron ao proceso de licitación por contar coa mellor oferta por un importe de 31.823 euros, IVE incluído, por un prazo de execución das obras de mes e medio.

Comparte este artigo