A profesora voluntaria tamén se despediu despois de impartir as aulas durante trinta anos
Unha ducia de participantes no programa de reforzo educativo que promove o Concello de Ribeira despediron un novo curso e tamén á súa profesora, María Gago González, quen exerce de voluntaria neste obradoiro dende finais dos anos 90.
Ata alí achegouse o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, quen agradeceu o labor desinteresado de Maruja ao longo de tantos anos e tamén a participación activa dos veciños e veciñas nesta iniciativa de reforzo “porque nunca é tarde para seguir aprendendo.”
Despois do descanso do verán, as clases retomaranse novamente no mes de outubro.

