HomeA CoruñaO Concello de Ribeira colabora co espectáculo As que cortan o bacallau...

O Concello de Ribeira colabora co espectáculo As que cortan o bacallau a favor de Cruz Vermella

- Anuncio -spot_img

 A cita que une cultura e solidariedade desenvolverase no 20 de decembro

O Nadal caracterízase en Ribeira por numerosas citas de carácter cultural con fins solidarios. O espectáculo As que cortan o bacallau levarase a escena no 20 de decembro, ás 20.00 horas, no novo Auditorio municipal. Trátase dun evento promovido por Bailadela, As Sete Linguas e a Asociación Francisco Lorenzo Mariño coa colaboración da Concellería de Cultura e a favor de Cruz Vermella de Ribeira. No acto de presentación participaron a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; Manola Valiño, Alicia González e Esperanza Codesido -directora, vogal e secretaria de Bailadela e As Sete Linguas, respectivamente-; Moncha Sampedro e Teresa Sampedro -tesoureira e vogal de Francisco Lorenzo Mariño- ; e Ángeles Cores, Ángeles Mera e María Rey -expresidenta, presidenta e coordinadora de Cruz Vermella Ribeira-.

A edil manifestou que todas as propostas presentadas “demostra que temos un tecido asociativo e cultural moi forte e, ademais, moi implicado e solidario.” Tamén quixo aproveitar a ocasión para agradecer para felicitar o labor da xa expresidenta de Cruz Vermella, Ángeles Cores, e felicitar á súa sucesora, Ángeles, Mera, trasladándolle os seus mellores desexos á fronte desta nova etapa.

Pola súa parte, a director de Bailadela e As Sete Linguas, Manola Valiño, explicou que tódolos anos levan a escena unha historia acompañada de coplas e instrumentos varios, optando este ano “por unha historia relacionada coa conserveira e as mulleres que nesa época traballaban alí.”

A entrada solidaria pode adquirirse por un importe de 5 euros na propia sede de Cruz Vermella, se ben a rapazada ata 16 anos non terá que pagar. Ademais, habilitarase a fila 0 para quen non poida asistir, pero decida axudar igualmente. O recadado irá destinado á compra de xoguetes para que “ningún neno de Ribeira quede sen xoguete”, segundo indicou a súa expresidenta, Ángeles Cores.

Publicacións Relacionadas