HomeA CoruñaO Concello de Ribeira conclúe as obras de pavimentación no camiño dos...

O Concello de Ribeira conclúe as obras de pavimentación no camiño dos Muíños cun investimento de máis de 45.000 euros

- Anuncio -spot_img

• A renovación do pavimento deteriorado suporá unha importante mellora da seguridade viaria na zona.

O Concello de Ribeira finalizou a execución das obras de pavimentación no Camiño dos Muíños, actuación incluída no Plan Provincial (POS+ 2024).

O Camiño dos Muíños presentaba un pavimento moi deteriorado, con presenza de numerosos baches e disgregacións que dificultaban a circulación e supuñan un risco para vehículos e persoas usuarias da vía.

Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e garantir unhas condicións adecuadas de tránsito, levouse a cabo a renovación integral do firme con aglomerado en quente, que permitirá dotar á vía dunha maior durabilidade e resistencia. A obra foi adxudicada por un importe de 45.135,03 euros.

A alcaldesa, María Sampedro, destacou que “esta actuación permite dar resposta a unha necesidade real nunha vía moi transitada, mellorando a seguridade e as condicións de circulación”.

Así mesmo, indicou que “o mantemento e a posta ao día das infraestruturas locais é unha prioridade, porque afecta directamente á
calidade de vida no noso municipio”.
Esta actuación enmárcase na liña de mellora continua das infraestruturas municipais que o Concello está a desenvolver en distintos puntos do termo municipal, co fin de reforzar a seguridade e a calidade dos servizos públicos.

Publicacións Relacionadas