Respóndese así a unha demanda veciñal dilatada no tempo
A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación de colocación.
O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer ás persoas usuarias do transporte público do mal tempo, especialmente, no inverno.
A estrutura supuxo un investimento total de 6.700 euros e está elaborada de bloques de granito para garantir a súa duración e o correcto servizo ás cidadanía debido á súa situación próxima ao mar e ao estar nunha das parroquias do municipio máis expostas cando hai condicións de meteoroloxía adversa por estar na bocana da ría da Arousa.

