O Concello de Ribeira e Callejeros Barbanza subscriben un convenio de colaboración por un total de 9.000 euros

Redacción

 Dito documento céntrase na atención aos gatos abandonados

O Concello de Ribeira segue dando pasos cara adiante en materia de benestar animal trala rúbrica do convenio entre a Administración local e Callejeros Barbanza para a recollida, atención veterinaria, hospedaxe e esterilización de gatos abandonados por un importe total de 9.000 euros.

Na sinatura participaron que tivo lugar hoxe participaron o concelleiro de Benestar Animal, Eladio Muñiz, e o presidente da referida asociación protectora, Juan Blanco.

O presente convenio ten duración dun ano con entrada en vigor nesta mesma xornada.

“Callejeros Barbanza desenvolve un traballo exemplar na atención e protección dos animais, así como na promoción da tenza responsable, polo que o Concello de Ribeira estará ao seu carón para facilitar as tarefas cotiás centradas, nesta vez, nos gatos. Neste convenio poñemos especial atención a continuar coas campañas de control poboacional de colonias felinas baixo o método CER: captura, esterilización e retorno. Efectuarase, polo tanto, a esterilización, chipeado e profilaxe”, en palabras do edil.

Comparte este artigo