HomeA CoruñaO Concello de Ribeira e o Club Natural Sport asinan un convenio...

O Concello de Ribeira e o Club Natural Sport asinan un convenio de colaboración por un importe de 112.065,40 euros

- Anuncio -spot_img

 A sala de taekwondo da Fieiteira contará con novo equipamento

Os deportistas de Ribeira contarán con maiores prestacións a través do convenio que formalizaron o Concello e o Club Natural Sport para o equipamento da sala de taekwondo e os vestiarios do novo módulo cuberto de atletismo da Fieiteira, por un importe total de 112.065,10 euros.

Na sinatura que tivo lugar hoxe participaron a alcaldesa, María Sampedro; o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; e o presidente da entidade deportiva, José Francisco Agrelo.

Do total da contía económica, o Club Natural Sport asumirá o 70% da inversión que son 76.065,40 euros, mentres que ao Concello lle corresponde o 30% restante, é dicir, 36.000 euros. Esta colaboración posibilitará contar cunha instalacións “optimizadas que mellorarán os adestramentos dos deportistas de alto rendemento e con proxección nacional e, incluso, internacional. Deste xeito, damos resposta a unha necesidade que presentaba esta infraestrutura deportiva contando coa axuda inestimable dun club local de renome”, explica a rexedora.

Publicacións Relacionadas