Home A Coruña O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar...

O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar hábitos saudables e apoiar o talento local

- Anuncio -

O Concello de Ribeira fixo entrega hoxe das becas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida saudables, apoiar economicamente a aqueles que realizan un adestramento máis profesional e favorecer a súa visibilidade dentro e fóra do municipio. O goberno local destinou un total de 14.000 euros a esta liña de axudas, coa que se pretende recoñecer o esforzo e a dedicación de moitos deportistas ribeirenses.

Durante o acto de entrega estiveron presentes varios membros do goberno local ademais do alcalde de Ribeira, Luís Pérez, que puxo en valor o traballo e a constancia destes deportistas: “o deporte é sinónimo de esforzo, disciplina e superación, e en Ribeira temos grandes exemplos diso. Estas becas son unha mostra do noso compromiso con aqueles que dedican horas de adestramento para levar o nome do noso municipio aos máis altos niveis de competición. Queremos que sigades traballando con ilusión, porque os vosos éxitos serán tamén os éxitos de todo Ribeira.”

Desde o Concello, tamén se destaca a importancia de impulsar o deporte como un medio para mellorar a calidade de vida da cidadanía e fomentar valores como o compañeirismo, a perseveranza e a superación persoal.

Por outra banda o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal falou do esforzo económico e de tempo que supón para as familias “queremos tamén premiar todo ese esforzo que están facendo tanto os deportistas como as familias coas becas individuais cuxa contía subiu a 14.000 euros con respecto aos 9.000 da anterior lexislatura”

O goberno local reafirma o seu compromiso de continuar apoiando os deportistas do municipio e promovendo iniciativas que favorezan a práctica deportiva en todas as idades e disciplinas.

Relacionadas

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Secundino García solicítalle a Martina Aneiros actuacións “urxentes” no CPI de San Sadurniño

0
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá até San Sadurniño para visitar as obras financiadas nas dúas últimas anualidades...

O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e...

0
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario...

Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé...

Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por mor das...

0
Desde o día 30 de xaneiro e por un período de 2 meses, procederase ao corte total de tráfico do tramo final da Avda....

O Pleno aproba de maneira definitiva a modificación do planeamento urbanístico para preservar a...

0
O Pleno municipal acordou esta mañá cos votos favorables de BNG, CA e PSdG e a abstención do PP a aprobación definitiva da modificación...

Publicacións Relacionadas