Será ás 20.30 horas, na sala polivalente do novo Auditorio municipal
O Concello de Ribeira homenaxeará a traxectoria de Lesmes, Flora e Manuel Iglesias Vázquez, coñecidos polo seu labor e pertencer a unha recoñecida familia de fotógrafos e videógrafos.
O acto será no mércores, 27 de maio, ás 20.30 horas, na sala polivalente do novo Auditorio municipal e está aberto a toda a veciñanza.
Recoñeceranse así os últimos logros acadados e proxectos desenvolvidos.

