HomeA CoruñaO Concello de Ribeira inaugurará a rehabilitación do lavadoiro de Penisqueira con...

O Concello de Ribeira inaugurará a rehabilitación do lavadoiro de Penisqueira con música e parladoiro no 25 de marzo

- Anuncio -spot_img

 O acto inclúe a testemuña de veciñas de Aguiño que lavaban nese espazo

Música e parladoiro serán os dous eixos sobre os que se vertebre o acto de inauguración da rehabilitación do lavadoiro de Penisqueira que organiza o Concello de Ribeira para o mércores, 25 de marzo, ás 18.00 horas.

Haberá actuación do grupo de cantareiras As Sete Linguas, da Asociación Francisco, ademais dunha charla a cargo da normalizadora lingüística municipal, Alicia Padín, que narrará como era a vida antano arredor dos ríos; espazos onde se xeraba comunidade entre as mulleres. E, precisamente, contarase coa testemuña de varias veciñas maiores da parroquia de Aguiño, que contarán anécdotas dos seus tempo lavando a roupa naquel lavadoiro.

Publicacións Relacionadas