O Concello de Ribeira inicia as obras de mellora da rúa Miguel Rodríguez Bautista

Redacción
Lectura mínima de 1

 As obras executaranse en dúas fases e comportan un investimento de máis de 60.000 euros

O Concello de Ribeira continúa mellorando as vías do municipio co inicio das obras na rúa Miguel Rodríguez Bautista; unha das principais arterias de acceso ao centro urbano que se suma á actuación que xa se está acometendo na contorna da casa consistorial. O investimento sitúase nos 62.553,84 euros, IVE incluído, no marco do POS+2025, resultando adxudicataria a empresa Nemesio Ordóñez, S.A.

As obras execútanse en dúas fases para minimizar o impacto na circulación, intervindo primeiramente no tramo comprendido entre a praza do Centenario e o ramal que dá acceso á rúa Canarias.

Esta actuación permite mellorar a seguridade viaria desta estrada mediante a renovación do firme actual da calzada, pavimentándoa cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor. Para iso, primeiro procederase co corte e fresado do actual pavimento; o estendido da capa de mestura bituminosa en quente con adecuación das tapas de rexistro á nova rasante; e o pintado de sinalización horizontal, a realizar todo no prazo dun mes.

Comparte este artigo