HomeA CoruñaO Concello de Ribeira licita o servizo de Prevención Allea nas súas...

O Concello de Ribeira licita o servizo de Prevención Allea nas súas catro especialidades

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ribeira vén de abrir o proceso de licitación para a contratación do servizo de Prevención Allea nas súas catro especialidades, co obxectivo de garantir a seguridade, a saúde laboral e unha adecuada prevención de riscos no conxunto dos postos de traballo municipais.

O contrato conta cun orzamento total de licitación de 125.356,40 euros, dos cales 116.603,60 euros corresponden á base impoñible e 8.752,80 euros ao IVE (21%). O prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 18 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas.

A alcaldesa de Ribeira reafirma así “o compromiso que adquirimos cos traballadores cando entramos no goberno; que teñan unha asistencia de calidade e con todas as garantías no desenvolvemento dos seus postos de traballo”.

Dase así resposta a unha demanda do persoal ante un servizo que levaba anos en precario. “Foi unha das nosas esixencias cando redactamos o orzamento do 2025 en materia de persoal”, afirmou Sampedro.

A empresa adxudicataria será a encargada de prestar as actividades propias dun Servizo de Prevención Allea, incluíndo as especialidades
de Seguridade no Traballo, Hixiene, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, así como Medicina do Traballo e Vixilancia da Saúde.

O ámbito do contrato estenderase á totalidade dos postos de traballo do Concello de Ribeira, así como ás súas instalacións e dependencias.
Do mesmo xeito, incluirá os novos postos, instalacións e dependencias municipais que se dean de alta durante a vixencia do contrato, así como aqueles servizos que o Concello poida precisar con carácter extraordinario.

Con esta licitación, o goberno municipal reafirma o seu compromiso coa prevención de riscos laborais, a mellora continua das condicións de traballo e a protección da saúde do seu persoal.

Publicacións Relacionadas