A obra está programada para iniciarse unha vez finalice o curso
O Concello de Ribeira acondicionará, unha vez finalice o curso académico, o aparcamento do IES Leliadoura debido ao deterioro do seu pavimento.
A intervención será na época estival para non entorpecer a actividade da comunidade educativa. Cumprirase así cun compromiso que asumiu co director do centro a alcaldesa, María Sampedro, e a concelleira de Educación, Nucha Brión, durante o último Consello Escolar Municipal; unha petición reiterada en varias ocasións pola edil.
Esta obra consistirá no aglomerado dunha superficie de 650 metros cadrados por un importe estimado de 12.000 euros, a executar pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A. Aproveitarase para pintar as prazas de estacionamento e reforzar a sinalización viaria horizontal.

