HomeA CoruñaO Concello de Ribeira procede coa limpeza dos parques infantís

O Concello de Ribeira procede coa limpeza dos parques infantís

- Anuncio -spot_img

 As tarefas iniciáronse nas Abesadas para continuar no García Bayón

O Concello de Ribeira acomete a limpeza dos parques infantís do municipio “para garantir a salubridade destes espazos de ocio infantil, especialmente, agora que as zonas de caucho se ensucian máis debido ao mal tempo.

Empezamos polos parques que aglutinan maior número de nenos e nenas para despois continuar polo resto do concello. Queremos que, dentro das posibilidades que nos deixa o inverno de saír ao exterior, teñan estas zonas en óptimas condicións”, en palabras da alcaldesa, María Sampedro.

A brigada municipal estivo nestes días traballando no limpeza do recinto de xogos das Abesadas para, na vindeira semana, trasladarse ao de García Bayón.

Publicacións Relacionadas