O Concello de Ribeira saca a licitación a iluminación decorativa do Nadal para dúas anualidades

Redacción

 O orzamento anual supera os 228.000 euros

O Concello de Ribeira traballa xa coa vista posta no Nadal e saca a licitación o servizo de subministración, instalación e mantemento da iluminación desta época festiva para o período 2026-2027 e 2027-2028, comprendendo así dúas anualidades e podendo prorrogarse por dúas máis nas mesmas condicións.

Estes elementos ornamentais luminosos contribúen ao embelecemento e ambiente festivo das rúas, así como a promoción e o fomento da economía local, especialmente, do pequeno comercio e a hostalaría como sectores empresarias estratéxicos para o municipio, pois supoñen un alto porcentaxe das vendas dos negocios.

Colocaranse máis de 450 elementos luminosos (arcos, árbores cónicas, motivos laterais, photocall luminosos, figuras volumétricas…) en todo o municipio, tanto no centro urbano coma nas parroquias. En consecuencia, increméntase a decoración respecto doutros anos co obxectivo de dotar de maior viveza a todo o termo municipal nesas datas.

O orzamento anual é de 228.484,30 euros, cos impostos incluídos. As empresas interesadas dispoñen ata as 23.59 horas do 3 de agosto para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Comparte este artigo