HomeA CoruñaO Concello de Ribeira saca a licitación a implantación dunha plataforma turística...

O Concello de Ribeira saca a licitación a implantación dunha plataforma turística intelixente

- Anuncio -spot_img

 Trátase dun paso máis no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino

O Concello de Ribeira continúa avanzando na implantación do seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino sacando a licitación unha plataforma turística intelixente. O obxectivo desta medida é a creación de ferramentas dixitais que melloren a información dos recursos turísticos, faciliten a planificación da viaxe, melloren a experiencia e xeren valor engadido ao destino.

En consecuencia, os turistas e a cidadanía desfrutarán de información de interese dunha maneira innovadora mediante servizos personalizados e experiencias inmersiva.

As necesidades que se pretenden cubrir son: contar cunha plataforma amena e didáctica; favorecer e incentivar as visitas aos recursos, facilitando a súa interpretación didáctica e mellorando a difusión e coñecemento a través de contidos innovadores e gamificados; desestacionalizar, deslocalizar e diversificar a demanda turística para reforzar a sustentabilidade do destino; incrementar a estancia media do turista e a competitividade do destino; e facilitar a mellora continua dos procesos incluídos na cadea de valor turística mediante o uso da tecnoloxía.

O proxecto supón o deseño e subministro de software e licencias necesarias, así como a súa configuración para o correctofuncionamento de tódolos elementos da solución; a dixitalización dosrecursos turísticos, incluíndo a súa documentación, a realización de material gráfico e audiovisual para a súa integración e carga na plataforma; a recompilación e integración na plataforma de información xa existente de outros recursos turísticos e hostaleiros, así como outra información de interese para a estancia do turista; a integración entre tódolos compoñentes e carga dos contidos; a xeración e entrega da documentación; formación; e soporte.

O orzamento de licitación é de 200.000 euros, IVE incluído, financiados na súa totalidade con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). As ofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 2 de febreiro.

O prazo de execución será de dous meses dende a formalización do contrato.

Publicacións Relacionadas