Tal e como estaba previsto, o pleno extraordinario e urxente convocado para esta tarde en San Sadurniño foi breve, xa que abondaron menos de cinco minutos para expor, debater e darlle o visto e prace ao punto principal da orde do día: a distribución do POS+ Adicional 01/2025 da Deputación da Coruña.
Os algo máis de 58.000 euros que lle corresponderon a San Sadurniño irán parar, de acordo co propio plan, ao reforzo do cadro de persoal de Servizos Sociais e do Servizo de Axuda no Fogar, ademais de ao financiamento de actividades de envellecemento activo orientadas á prevención do deterioramento cognitivo e da soidade das nosas persoas maiores.
O asunto foi aprobado por unanimidade.