Home A Coruña O Concello de San Sadurniño destinará os 72.812 € do Plan de...

O Concello de San Sadurniño destinará os 72.812 € do Plan de camiños da AGADER ao aglomerado e asfaltado na zona da Abelleira e Racamonde

- Anuncio -

Na zona tamén se investirán outros 74.400 euros en reparacións viarias financiadas pola Deputación

O Diario Oficial de Galicia publicou a principios deste mes de marzo o reparto dos fondos do Plan de mellora de camiños rurais 2023-24 da AGADER. A San Sadurniño correspondéronlle preto de 73.000 euros de achega que se destinarán a continuar mellorando a rede viaria da zona máis elevada do municipio. Neste sentido, o Goberno local xa encargou o proxecto para renovar o firme entre o cruzamento da Grúa -no límite coa Capela- e núcleo da Abelleira, en Naraío, ademais de reparar a pista que vai desde alí até o lugar de Racamonde. O investimento total está cuantificado en algo máis de 88.000 euros.

O proxecto, neste momento en fase de redacción, tentará acomodar ao orzamento dispoñible o aglomerado da estrada municipal que conecta o desvío da Grúa coa Abelleira, así como a reparación -tamén con firme aglomerado- da pista pola que se serven as vivendas deste último lugar. A execución desta obra virá darlle continuidade a outras actuacións efectuadas nos últimos anos na banda sur do Concello de San Sadurniño, co obxectivo e darlle maior ancho e durabilidade a todos os tramos que conectan o fondo de Naraío co límite da Capela.

Neste sentido, desde 2020 leváronse a cabo os treitos Eirexado-Lourido, Lourido-Quintiá e Quintiá-Cruzamento da Grúa. É dicir, 4,6 quilómetros de percorrido aos que agora se lle van sumar outros 1.100 metros co mesmo firme. Ademais, dentro deste proxecto tamén se contempla a reparación integral -neste caso con asfalto- da pista que vai desde A Abelleira ata Racamonde de Arriba (cerca de 1,5 km), seriamente danada en varios puntos.

Estas melloras viarias, orzamentadas en 88.200 euros, non serán as únicas na zona. Con cargo a fondos provinciais tamén se van asfaltar outras pistas que enlazan co eixo A Grúa-A Abelleira: son a do Lugar do Monte (870 m), a pista do Pousadoiro (1.290 m) e un tramo de 300 metros en Racamonde de Abaixo. O investimento previsto nestoutro paquete viario é de 74.742,84 euros, e nel inclúese a reparación do camiño de Solposto (730m), en Igrexafeita, e un tramo interior de 90 metros en Lourido, en Naraío.

Relacionadas

O Concello de Cerdido e a Xunta de Galicia colaboran para mellorar as instalacións...

0
 O rexedor local, Alberto Rey, recibiu no centro ao xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, para coordinar as obras de renovación do vestiario...

O Concello sorprende in fraganti a un madeireiro tallando un monte sen autorización

0
A Policía Local colleu in fraganti a un madeireiro que estaba a tallar unha extensión de monte sen autorización municipal. No concello de Oleiros existen...

A Banda Municipal, acompañada polas nenas e nenos do Coro Cantábile, pecha este domingo...

0
Na actuación, que comezará ás 12.15 horas, participarán tamén a mezzosoprano galega Aida Cruz e o trompa solista Juan Manuel Gómez, da Orquestra Simfònica...

O Concello amplía a celebración dos Mercados Sostibles a nove barrios da Coruña

0
Dende o próximo mes de maio os mercados rotarán por máis localizacións, engadindo Praza de Vigo, Paseo das Pontes e a Praza de Pablo...

O Concello convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2024 rendendo homenaxe...

0
O prazo de presentación de traballos nas oito modalidades remata o 3 de xuño O Concello da Coruña convoca os premios Prismas Casa das Ciencias...

Os concellos da Barbanza únense para defender o abastecemento de auga e o sector...

0
Os Concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo presentaron alegacións ao proxecto que Altri pretende desenvolver en Palas de Rei. Os...

Publicacións Relacionadas