Home A Coruña O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel reeditan o...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel reeditan o seu acordo de colaboración anual

- Anuncio -

Secundino García e o presidente da entidade, Manuel Ferreira, asinaron hai escasos días o convenio para a concesión dunha subvención nominativa por valor de 2.000 euros

O acordo, orientado á promoción da apicultura en San Sadurniño, inclúe o mantemento do colmear didáctico da Cortiña e o curso que este ano se lle ofreceu de balde á veciñanza de San Sadurniño

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e o presidentes da Asociación Casa do Mel, Manuel Ferreira, asinaron hai uns días o convenio de colaboración entre o Concello e a entidade para a promoción da apicultura ao longo deste 2024. O acordo reflicte o apoio ao consistorio neste ámbito, pero tamén o compromiso da asociación de manter o colmear didáctico da Cortiña e de organizar un curso gratuíto para a veciñanza de San Sadurniño (xa celebrado no mes de maio), ademais de levar a cabo outras actividades. O importe do acordo, que se traduce nunha subvención nominativa en favor da Casa do Mel, ascende a 2.000 euros.

O convenio delega na Asociación Casa do Mel o mantemento das colmeas situadas na esquina surleste da Horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos. Segundo se recolle no texto asinado por Secundino García e Manuel Ferreira, a entidade deberá repoñer elementos deteriorados, ofrecerlles ás abellas os coidados que requiran e mesmo contratar un seguro de responsabilidade civil polos danos que puidesen causar. As cláusulas refírense tamén á obriga de colocar trampas con atraentes para previr os ataques da Vespa velutina nigrithorax.

O acordo inclúe unha parte didáctica, vinculada á celebración dunha exposición apícola na Feira Rural e á organización do curso anual de introdución á apicultura que se desenvolveu no mes de maio e que, a diferenza de anteriores edicións, foi totalmente gratuíto para a veciñanza de San Sadurniño e persoas socias da Casa do Mel.

Por outra banda, a asociación tamén asume o compromiso de comunicarlle con dez días de adianto ao Concello e á AGFA do Eume (xestora da horta) as visitas guiadas ou outras actividades que vaia levar a cabo no colmear, coa finalidade de coordinar mellor o uso do espazo e reforzar a seguridade se se van facer labores que impliquen abrir as colmeas ou excitar as abellas.

Como cláusulas comúns a todas as subvencións nominativas outorgadas polo Concello estarían a da obriga do uso do galego en todas as actividades obxecto do convenio, a de reflectir na información e publicidade o financiamento municipal e, en relación co anterior, o requisito de empregar o logo municipal e o do Xeoparque do Cabo Ortegal en todas as comunicacións. Tamén se cita a esixencia de utilizar unha linguaxe inclusiva e non sexista e o compromiso de colaborar co Concello na promoción da igualdade e a prevención das violencias por razón de xénero.

En base ao estipulado no documento, a entidade percibirá unha axuda nominativa de 2.000 euros. Nestes días como adianto o 75%, mentres que o outro 25% se librará cara a finais de ano, cando presenten a memoria e as facturas xustificativas dos gastos, referidas en todo caso á anualidade 2024.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas