Home A Coruña O Concello de San Sadurniño restaurará o lavadoiro do Regueiro, en Ferreira

O Concello de San Sadurniño restaurará o lavadoiro do Regueiro, en Ferreira

- Anuncio -

A Administración local ten solicitada unha axuda do IET para a redución de impactos paisaxísticos

Os lavadoiros foron noutro tempo elementos fundamentais para a vida diaria, ademais de espazos de encontro e sororidade. Hoxe fican en desuso, aínda que non esquecidos, xa que son parte do noso patrimonio arquitectónico civil -os de San Sadurniño datan de finais dos anos 50 do século pasado- e por iso deben ser conservados e postos en valor como mellor se poida. Neste sentido, o Concello de San Sadurniño procura ter en bo estado as 13 fontes e lavadoiros públicos que hai repartidos polo territorio e por iso cada certo tempo acomete rehabilitacións integrais, como ocorreu no seu día co da Agra de Arriba, co do Albeiro ou coa fonte do Santo, no Camiño Arriba. O seguinte que vai ser restaurado será o lavadoiro do Regueiro, en Ferreira de abaixo, cun investimento previsto de algo máis de 28.000 euros, impostos incluidos.

O lavadoiro está situado á beira da estrada provincial DP-7601, ao pé do rego que divide os lugares da Senra e a Castiñeira, en Ferreira. É unha construción duns 6 metros de longo por 5,5 de ancho feita con ladrillo recebado e cuberta con fibrocemento (a uralita de toda a vida), sostida sobre trabes de madeira.

Era o mellor e máis moderno que había a finais dos anos cincuenta e a opción construtiva que daquela se considerou máis axeitada para acondicionar lavadoiros moito máis antigos, como é o caso do do Regueiro. Na súa pía central -onde se pode lavar por tres dos lados- aínda se conservan dúas grandes pezas de cantaría en toelo e, ademais, no chan aínda hai varios pasos feitos con grandes lousóns que permiten acceder ao recinto e traballar nel sen medo a mollar os pés.

O obxectivo principal do proxecto municipal é rehabilitar toda a construción conservando a estrutura, ao tempo que se mellora a súa integración na paisaxe, respectando os valores arquitectónicos e garantindo unha correcta integración no entorno. A actuación aplicará os criterios e recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia, en congruencia co Catálogo das paisaxes de Galicia , ademais de axustarse ás condicións que veñan impostas pola normativa sectorial e urbanistica aplicable.

Para acadar este obxectivo, a memoria valorada explica que se retirarán as placas de fibrocemento para substituilas por unha nova cuberta de tella na parte superior e madeira na inferior, axeitándose así aos materiais tradicionais desta parte do país. Tamén se inclúe mellorar o chan do lavadoiro do Regueiro, evitando o seu enchoupamento e facilitando que sexa máis accesible para quen queira visitalo.

En resume, tal e como se recolle na memoria da intervencion proponse “unha mellora do lavadoiro acorde ás características da arquitectura tradicional recuperando elementos orixinais como as lousas que forman as pedras de lavar e outras que puidesen aparecer durante os traballos, respectando a fonte existente”.

O investimento necesario está cuantificado polo Concello en 28.571,43 euros, incluindo neste importe os custes da obra, o do proxecto e os impostos correspondentes. Para financiar esta contía, polo menos nunha parte, o consistorio solicitou acollerse á liña de axudas convocada a finais de ano polo Instituto de Estudos do Territorio co obxectivo de reducir o impacto paisaxístico de construcións vellas ou en mal estado de titularidade municipal. A achega cubriría o 70% do total.

Relacionadas

Aprobación da concesión de axudas de estudos para alumnado de segundo ciclo de educación...

0
O Concello de Carballo vén de aprobar a concesión dun total de 252 axudas ao estudo para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil...

A mellor banda de tributo a “Queen” e o ilusionista Dani Polo, novas incorporacións...

0
A colaboración do concello coas promotoras locais está contribuíndo ao enriquecemento da proposta cultural de Ribeira, se onte se presentaba ao cómico de sona...

Adxudicado o proxecto de remusealización do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da...

0
Na Xunta de Goberno Local tamén foi adxudicado o novo contrato de asesoría xurídica do CIM e acordouse concorrer a tres convocatorias de subvencións...

A Coruña aposta pola cultura galega e a música internacional na súa extensa oferta...

0
Inés Rey anunciou en Fitur que Baiuca abrirá o 175 aniversario das Festas de María Pita e Luar na Lubre actuará no Festival Noroeste...

O polivalente acollerá ata o 21 de febreiro a exposición Fauna Esencial, promovida en...

0
O centro social polivalente de Brión acollerá ata o 21 de febreiro a exposición “Fauna esencial”, un percorrido pola beleza e fraxilidade das especies...

Mariñas Coruñesas presenta en Fitur as súas Sendas Ecoturísticas coa sustentabilidade e recuperación do...

0
• “Somos a proba viva de que é posible un turismo sen masificacións e harmónico co medio”, subliñou Santiso • A Reserva anunciou a creación...

Publicacións Relacionadas