Home A Coruña O Concello de Santiago e ADEGA impulsan un proxecto de compostaxe pioneiro...

O Concello de Santiago e ADEGA impulsan un proxecto de compostaxe pioneiro no municipio

- Anuncio -

O proxecto “Compostela composta. Para a terra o que é da terra” estará activo a partir deste mes e ao longo do vindeiro ano en 10 centros de ensino, no CIFP Compostela e nalgunhas parroquias do rural compostelán. O seu obxectivo é levar a compostaxe aos centros de ensino e ao agro mediante actuacións de sensibilización, concienciación e educación ambiental.

Presentación do proxecto proxecto “Compostela Composta. Para a terra o que é da terra”
O Concello de Santiago, a organización ecoloxista ADEGA e o CIFP Compostela presentaron esta mañá o proxecto “Compostela Composta. Para a terra o que é da terra” nas instalacións de compostaxe do CIFP Compostela. Trátase dun proxecto de compostaxe impulsado pola asociación ecoloxista e polo Concello de Compostela en colaboración con Urbaser, que se desenvolverá ao longo dos vindeiros meses e no 2025. O seu obxectivo é fomentar actitudes responsables no eido dos residuos e a participación activa da comunidade educativa no plan de tratamento dos residuos, desde a recollida selectiva e a separación en orixe ata o destino final.

Na presentación do proxecto participaron María Amigo, educadora ambiental de ADEGA; Xesús Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental; e Ramiro Esparís, director do CIFP Compostela. A educadora ambiental de ADEGA debullou as accións do proxecto e destacou o “papel chave da comunidade educativa” no camiño cara a unha xestión sustentable e eficiente dos residuos e as “múltiples posibilidades da compostaxe como ferramenta educativa e social”.

Pola súa banda, o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, explicou que o goberno de Santiago ten “un firme compromiso cunha Compostela sustentable”, e que “aposta pola educación ambiental desde as persoas máis novas ata todos os estratos da poboación”. “Dicimos que queremos unha Compostela boa de vivir e dicimos tamén que separar para reciclar é bo de facer. Un xesto simple. Neste sentido, compostar tamén é bo de facer”, sinalou.

“Facer as cousas ben, facelas en proximidade, separar en fraccións, tamén supón un aforro para a veciñanza, porque supón menos custos de recollida, de transporte e de xestión”, explicou Domínguez, quen indicou que en Santiago están instalados dez composteiros, co que suma un máis con este colectivo no Centro de Hostelería. Actualmente hai 1.500 composteiros individuais que dan servizo a unhas 5.000 persoas e dez illas de compostaxe comunitaria cunha medida de 20 familias usuarias.

O director do CIFP Compostela, Ramiro Esparís, mostrouse agradecido con ADEGA por contar co centro para este proxecto piloto que ser, asegurou, para concienciar a toda a comunidade educativa, e en especial, ao departamento de hostalaría e turismo, que son os que mais producen material compostable. “Comprometémonos a facer unha boa recollida destes residuos”.

Compostaxe comunitaria nos centros de ensino e no agro

Este proxecto pon no centro a compostaxe como método sustentable dos biorresiduos e pretende facelo a tres niveis. Por unha banda, con accións de compostaxe comunitaria no CIFP Compostela. Todos os biorresiduos procedentes dos ciclos formativos de cociña, hostalaría e panadaría serán compostados in situ na área de compostaxe do centro. Será o propio alumnado quen se encargue de separar correctamente e botar os residuos nos composteiros. A xestión técnica correrá a cargo do mestre composteiro do Concello.

Doutra banda, o proxecto achegará tamén a compostaxe aos centros de ensino. A través de diferentes actividades de educación e divulgación ambiental dirixidas á comunidade educativa de primaria e secundaria, o obxectivo é conseguir que 10 centros educativos públicos do concello de Santiago de Compostela adopten de forma eficiente boas prácticas na xestión do lixo. As actividades a realizar van dende un proxecto de investigación sobre os residuos no centro ata a instalación dunha exposición gráfica sobre a compostaxe e dun composteiro educativo.

Xa por último, a terceira pata deste proxecto céntrase na compostaxe no rural. Trátase esta dunha acción de carácter experimental e baseada en adaptar unha experiencia de agrocompostaxe segundo as regulacións e necesidades das persoas agricultoras locais e grandes produtores. Deste xeito, preténdese ofrecer beneficios económicos directos, mellorar a sustentabilidade ambiental das operacións agrícolas e fortalecer a posición dos produtores no mercado ao aliñarse coas expectativas crecentes de sustentabilidade das persoas consumidoras e as regulacións ambientais.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas