Home A Coruña O Concello de Touro arranxa os centros sociais de Vilar, Prevediños, Loxo...

O Concello de Touro arranxa os centros sociais de Vilar, Prevediños, Loxo e Calvos

- Anuncio -

O Concello de Touro está rehabilitando nas últimas semanas os centros sociais das parroquias de Vilar, Prevediños, Loxo e Calvos. Os traballos, que comenzaron ao final deste verán a aínda non remataron, pretenden poñer a punto estas instalacións de uso público para disfrute da veciñanza. Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Silva & Pampín, con sede no Concello de Touro. Os arranxos para poñer a punto os centros sociais destas catro parroquias melloraron os accesos e a habitabilidade nos interiores. Concretamente, no Centro Social de Vilar dotouse o edificio dun acceso a través dunha nova rampa e cambiouse a porta de entrada. Tamén foi pintado todo o interior e fíxose un baño novo. No de Prevediños, no que ainda está traballando a empresa adxudicataria, constrúense uns baños novos e a rampa de acceso para persoas con discapacidade xa está rematada. Pola súa banda, o interior do centro social da parroquia de Loxo foi pintado na súa totalidade e reparouse unha parede lateral que filtraba humidades. Tamén está arranxado o falso teito e a chimenea, que filtraba humidades. Por último, o centro social de Calvos, cuio interior foi también pintado na súa totalidade, conta cun novo baño, a cociña tamén foi renovada e fíxose unha lareira. Os centros sociais das parroquias de Touro son utilizados pola veciñanza para uso lúdico e cultural e tamén son empregados nas diferentes eleccións como colexio electoral.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas