Home A Coruña O Concello de Touro trasládalle á Xunta a súa preocupación polos olores...

O Concello de Touro trasládalle á Xunta a súa preocupación polos olores na zona da planta de TEN

- Anuncio -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda enviou un requirimento á empresa emprazándoa a instalar unha estación de calidade do aire

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, trasladoulle á Xunta a preocupación crecente entre a veciñanza en relación aos episodios de malos olores detectados en varias zonas próximas á planta de valorización de residuos non perigosos da empresa TEN (Tratamientos Ecológicos del Noroeste) no Concello de Touro. Precisamente, o rexedor reuniuse recentemente coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, para falar deste asunto.

Durante a xuntanza foi informado de que este mesmo verán o departamento autonómico enviou un requirimento á empresa no que a emprazaba a instalar unha estación de calidade do aire dotada de analizadores automáticos de varios parámetros. Esta estación deberá integrarse na Rede de Estacións de Calidade do Aire da Xunta e segundo a información facilitada, a empresa asumiu xa o compromiso de presentar unha proposta técnica para a súa implantación.

Por outra banda, TEN habilitou un teléfono operativo as 24 horas todos os días da semana para atender as queixas dos cidadáns, outra das medidas que lle foron requiridas á empresa por parte da Xunta. Así mesmo, o Concello de Touro habilitou un servizo permanente de reclamacións polos malos olores, que se remiten de xeito inmediatp á Consellería de Medio Ambiente e á empresa, co obxectivo de que tomen as medidas oportunas.

Neste sentido, o Concello de Touro agradece a intervención do Goberno galego neste asunto e agarda que as medidas que lle esixiu aos xestores da planta de Touro contribúan a resolver e mitigar os problemas de olores que están a suscitar continuas queixas por parte dos veciños.

Proxecto de humanización en Mourelos

Por outra banda, o Concello de Touro presentou ante a Consellería de Medio Ambiente un proxecto municipal para a humanización e rehabilitación do espazo público en Mourelos co fin de solicitar a colaboración económica da Xunta na súa execución. O orzamento estimado para levar a cabo esta actuación ascende a preto de 100.000 euros.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas