Home A Coruña O Concello destina 112.000 euros para financiar a actividade de entidades sociais,...

O Concello destina 112.000 euros para financiar a actividade de entidades sociais, educativas e empresariais

- Anuncio -

· Alejandra Pérez Máquez asinou os convenios con 13 entidades, que permiten ofrecer á poboación diferentes servizos.

O Concello de Bergondo destina 112.300 euros para financiar os convenios con 13 entidades de ámbito social e educativo, un acordo que permite sufragar os custos da actividade que levan a cabo e que, á súa vez, ofrece á poboación diferentes servizos.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, asinou os convenios con: APA As Mariñas, CPI Cruz do Sar, Colexio Rural Agrupado, Cruz Vermella, ANHIDA, APEM, ASPADISOL, ASPACE, Asociación de empresarios de Bergondo (ASEB), DISMACOR, TP GALICIA, Fundación Mujeres e Asociación Mirabal.

No caso das educativas, a colaboración co APA As Mariñas permite a organización e impartición de actividades culturais e deportivas, así como a prestación do servizo de comedor para as escolas unitarias. Co CPI Cruz do Sar serve para financiar a viaxe de estudos do alumnado de 4º ESO e co CRA para a preparación, elaboración e/o adquisición do material didáctico e o transporte das actividades.

Os convenios coas entidades sociais permiten a atención a usuarios e usuarias de ANHIDA, APEM, ASPADISOL, ASPACE, DISMACOR e TP Galicia, o tratamento a mulleres vítimas de violencia de xénero e o fomento de valores e políticas de igualdade con Fundación Mujeres e Asociación Mirabal e, por último, a cobertura de ambulancias nos eventos municipais ou a realización de cursos formativos con Cruz Vermella.

O acordo coas entidades empresariais materialízase coa Asociación de Empresarios de Bergondo (ASEB), que permite colaborar na realización de actividades destinadas ao desenvolvemento empresarial así como o financiamiento dun programa de bonos para promocionar o comercio local.

Alejandra Pérez Máquez destaca a importancia de “manter este tipo de convenios, que non son un gasto senón que son un investimento xa que nos permiten cubrir necesidades e demandas ás que doutro xeito non poderíamos chegar sós como Concello”. “Non caso do convenio coa APA, tivemos unha xuntanza hai pouco onde me espuxeron ou incremento de prazas e de usuarios previsto para ou próximo curso polo que acordamos que se dotará de máis crédito a leste”, anunciou.

Relacionadas

A II Edición de Fly A Coruña reúne na cidade a 160 axentes de...

0
As exposicións céntranse en rutas aéreas que conectan con Galicia, destinos invitados e retos das axencias de viaxes Un total de 160 axentes de viaxes,...

49 pilotos compiten este sábado na primeira das tres probas de autocross que acollerá...

0
A Escudería Máis Motor e o Concello de Carballo presentaron a carreira desta fin de semana, a terceira do campionato galego Volve o autocross ao...

‘A Muiñeira dos Queixas’, peza elixida para o XXXV Día da Muiñeira de Arteixo...

0
• Serán 32 grupos os que se dean cita a tarde do domingo 11 de xuño no Paseo do Balneario desde as 18:00 horas...

O Concello de San Sadurniño abre o prazo de solicitude de abonos para a...

0
O vaso estreará esta temporada un elevador para persoas con mobilidade reducida A piscina municipal de San Sadurniño volverá abrir ao público o luns 19...

O Concello de Lousame abre o prazo de preinscrición no Verán Activo 2023

0
Dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos, as actividades terán lugar do 10 ao 21 de xullo O Concello de Lousame abre...

Neda abre o prazo para facer a comunicación previa das fogueiras do San Xoán...

0
O Concello de Neda abre hoxe o prazo para a comunicación das fogueiras das tradicionais celebracións de San Xoán e de San Pedro. Unha...

Publicacións Relacionadas