O prazo de solicitude finalizará o próximo 30 de xaneiro.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar hoxe as bases reguladoras da
segunda convocatoria das bolsas de comedor escolar do Concello de Miño, que
contan cun orzamento de 4.133,71 euros, e que pretenden axudar a aquelas
familias con menor poder adquisitivo a sufragar este gasto.
Poderán solicitar esta subvención aquelas familias empadroadas en Miño e con menores
escolarizados no centro educativo Castro Baxoi matriculados no 2º
ciclo de educación infantil (de 3 a 5 anos) ou en primaria e secundaria. Ademais, a
renda per cápita familiar non debe exceder os 1.100 euros mensuais.
As solicitudes deben presentarse xunto coa documentación requirida no
Rexistro Municipal e o prazo para facelo finalizará o próximo 30 de xaneiro.