A actuación, que tamén incluirá o asfaltado posterior, xa adxudicada ao ter que descartarse o proxecto planeado polo anterior goberno local para a zona que só incluía o pavimentado das vías. Obra financiada a cargo do Plan Único
“ Cremos que é mellor investir máis cartos nunha obra completa que realizar actuacións incompletas, que teñen como consecuencia un maior gasto e molestias para vos veciños e veciñas”, explicou Manuel Vázquez Faraldo.
O Concello de Miño adxudicou o proxecto para renovar a rede de saneamento en Muradas e Pedregal, no lugar de Sombreu, valorado en 130.000 euros e que tamén inclúe o asfaltado posterior da vía.
En 2019 o actual goberno tivo que descartar un proxecto “herdado” da anterior lexislatura para esa zona, xa que só contemplaba o arranxo do firme a pesar das reiteradas roturas das redes de saneamento e pluviais. Así, houbo que redactar unha nova documentación técnica e conseguir o financiamento para a súa execución, posto que o custo aumenta sensiblemente ao recoller tamén renovación das redes, con movementos de terras, demolicións, pozos de rexistro e a execución da parte pública das acometidas domiciliadas.
Agora, tras a espera provocada por todo isto, o Concello pode anunciar que cando as condicións meteorolóxicas permítano iniciarase a actuación. Os traballos que levarán a cabo contemplan, en primeiro lugar, a renovación de 400 metros de canalizacións para as augas residuais e outros 400 metros da rede de pluviais coas súas correspondentes demolicións, movementos de terra, pozos e reposición de acometidas no seu parte pública. Posteriormente, procederase ao asfaltado da vía.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, explicou que “ cremos que é mellor investir máis cartos nunha obra completa e que estea en bo estado por moitos anos en lugar de realizar actuación incompletas, que teñen como consecuencia un maior gasto e molestias para vos veciños e veciñas”.