Home A Coruña O Concello e a Federación Española de Baile Deportivo celebrarán en maio...

O Concello e a Federación Española de Baile Deportivo celebrarán en maio o primeiro mundial de hip hop

- Anuncio -

O Concello de Narón e a Federación Española de Baile Deportivo, en colaboración co Club de Baile Deportivo Narón, volven unir forzas para traer a Narón unha proba de nivel mundial. Tras o anuncio por parte da Federación Muncial (WDSF) de querer realizar en 2025 o primeiro mundial de Hip Hop, o Concello de Narón e a Federación Española uniron forzas para presentar a súa candidatura, da que finalmente resultaron seleccionadas para realizar o devandito evento.
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Federación Española de Baile, Luis Deportivo, Luis Vañó, avanzaron que a proba terá lugar na cidade os días 10 e 11 de maio no Pazo da Cultura e proclamará aos campións do mundo en sete categorías (Junior Small Team, Junior Big Team, Youth Small Team, Youth Big Team, Adulto Small Team, Adulto Big Team e Megacrew).
O Concello de Narón e a Federación Española de Baile Deportivo valoran moi positivamente o feito de poder volver a traballar da man e ter a oportunidade de colaborar na organización dun evento desta magnitude. Dende a organización trasladan a todos os interesados na devandita proba que o requisito que puxo a Federación Española é participar como mínimo nunha das probas do calendario español neste 2025, previo á data do mundial.

Relacionadas

Ortigueira pon en marcha a Escola de Familias

0
Esta iniciativa busca integrar a pais e nais na educación dos seus fillos en temas sensibles como o acoso, as redes sociais ou a...

A Orquestra Sinfónica de Galicia participará na nova edición do festival Musika-Música de Bilbao,...

0
O festival terá lugar entre os días 7 e 9 de marzo. A OSG terá á fronte o director estadounidense Andrew Litton A Orquestra Sinfónica...

As Somozas aproba os investimentos do Plan de Obras e Servizo da Deputación por...

0
• A achega provincial destinarase para mellorar accesos e a seguridade viaria en varios puntos do municipio, así como tamén optimizar a rede de...

Alternativa apoia en Culleredo a nais e pais do conservatorio que reclaman calefacción e...

0
A situación do Conservatorio de Profesional de Música de Culleredo motivou que os concelleiros de Alternativa estean traballando en diversas frontes para darlles saída...

Nereida Canosa pon en valor a colaboración público-privada para fomentar a inserción laboral de...

0
A concelleira de Benestar Social participou esta tarde na entrega de premios do programa Empréganos 2025, organizado por FEAFES Galicia nas instalacións do Centro...

O concello presenta á Á Xunta un novo programa de acción voluntaria 

0
Iría dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse...

Publicacións Relacionadas