Home A Coruña O Concello e a hostalaría de Moeche reeditan a ruta "De Pincho...

O Concello e a hostalaría de Moeche reeditan a ruta “De Pincho en Pincho”

- Anuncio -

Os establecementos participantes servirán petiscos especiais os días 20, 21 e 22 de maio

Este ano non haberá pincho ganador, pero quen complete o percorrido entrará no sorteo de agasallos

Moeche segue recuperando o pulso sociocultural prepandemia e, neste sentido, dentro duns días tamén volve a ruta gastronómica “De Pincho en Pincho” como escaparate da excelencia culinaria e do servizo próximo e profesional que ofrece a hostalaría do municipio, un dos sectores que máis sufriu nos últimos dous anos. O evento desenvolverase na fin de semana do 20, 21 e 22 de maio. Nesta cuarta edición muda o formato, xa que se suprime o premio ao petisco e déixase unicamente o sorteo de agasallos entre todas aquelas persoas que completen o percorrido polos establecementos participantes. Os locais teñen ata este luns 16 de maio para unirse ao itinerario comunicándolle ao Concello o pincho que van servir durante eses tres días, que ha de estar preparado de maneira artesanal e ofrecerse de balde con cada consumición.

O consistorio lanzoulles hai uns días a todos os establecementos hostaleiros o convite para participar en “De Pincho en Pincho”. De momento xa o confirmaron Casa Toñito, Bar Xambas, Bar Ubaldo, Mesón O Campo e a Taberna Irmandiños, aínda que nestes días podería sumarse algún máis ampliando deste modo o circuíto gastronómico.

Os horarios en que se ofrecerán os petiscos os días 20, 21 e 22 de maio están definidos nas bases de participación: o venres de 20 a 23:00h., o sábado de 11 a 15:00h e de 20 a 23:00h e o domingo só de 11 a 15:00h. Os aperitivos serviranse de balde con cada consumición e, segundo as bases, deberán ser “artesanais” e estar feitos para comelos “en dous ou tres bocados”. Ademais tamén se especifica que “non se aceptarán receitas precociñadas”.

A novidade este ano é que non se premiará por votación popular o petisco máis sabedor, pero si poderá haber recompensa para aquelas persoas que completen o itinerario do 20 e o 22 de maio. Quen sele a súa tarxeta en todos e cada un dos locais entrará no sorteo de dous agasallos: un bono individual de persoa adulta para a piscina municipal válido durante a temporada 2022 e un lote de produtos variados mercados no comercio local.

Para participar no sorteo haberá que introducir as tarxetas debidamente cubertas -cos datos persoais e a verificación de cada establecemento- nas urnas que estarán dispoñibles en todos os bares e restaurantes participantes.

O circuíto definitivo das degustacións coñecerase o este luns 16 de maio, data límite para que todos os locais convidados confirmen a súa adhesión á campaña e para que comuniquen o petisco que van servir dentro dela.

O obxectivo desta cuarta edición de “De Pincho en Pincho” volve ser o de poñer en valor a calidade gastronómica e do servizo da hostalaría de Moeche, co engadido de dinamizar e apoiar a recuperación dun sector especialmente prexudicado pola crise sanitaria.

Relacionadas

A banda de rock Forraje regresa aos escenarios cun concerto na festa do Carme...

0
O mundo do rock está de sorte co regreso de Forraje aos escenarios. En 2015 publicou o disco de despedida Quince duchas de agua...

Ribeira alberga a presentación do nº 8 revista ‘Follas Novas’ de estudos rosalianos

0
A Fundación Rosalía de Castro presentou no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira o número 8 da revista de estudos rosalianos, ’Follas Novas’,nun acto...

Aberto o prazo de inscrición na reunión sobre dixitalización para negocios da Pobra

0
A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal xa se atopa inmersa na organización da xornada explicativa do día 24 de abril, no...

O Partido Popular de Oleiros insta ao concello a que se tome en serio...

0
A CAÍDA DE ÁRBORES E RAMAS, CON MÁS DE 100 INCIDENCIAS NO ÚLTIMO ANO, CONVERTEUSE NA PRINCIPAL CAUSA DE MOBILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS...

A Pobra conmemora o Día Internacional do Libro cun contacontos infantil

0
No 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro e, por tal efeméride, a biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá un contacontos infantil...

Neda promocionará os produtos das súas panaderías con degustacións gratuítas en 16 negocios locais...

0
A terceira edición de “Neda a petiscos” activarase o 27 de abril e prolongarase durante fins de semana consecutivos O Concello subministrará de balde aos...

Publicacións Relacionadas