Home A Coruña O Concello e a UDC rebaixan nun 60 % o prezo do...

O Concello e a UDC rebaixan nun 60 % o prezo do bus para case 12.000 universitarios

- Anuncio -

Os e as estudantes que hoxe pagan 52 céntimos por viaxe pasarán a pagar 21 céntimos desde o 3 de outubro

Inés Rey: “O noso compromiso co transporte público queda claro, gustaríanos que a Xunta tivese a mesma implicación e colaborase na subvención para que os descontos fosen aínda maiores”

A colaboración entre o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña permitirá que desde o vindeiro 3 de outubro, e por primeira vez na historia da institución educativa, a práctica totalidade dos seus e das súas estudantes gocen dunha bonificación para o transporte público que reducirá o prezo da viaxe en bus un 60 % sobre a tarifa en vigor. Os estudantes da UDC que se despracen ate os campus de Elviña, A Zapateira e Oza, empregando as liñas universitarias, 24 e 2-A —así como as viaxes de orixe noutras liñas con transbordo a esta —, pagarán 21 céntimos por traxecto, sumándolle a bonificación estatal a todo o transporte públic en vigor na Coruña desde o 1 de setembro.

Tamén se prevé, en función da demanda, a inclusión doutras liñas que poidan chegar a Riazor.
Así o explicaron esta mañá en comparecencia conxunta a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o reitor da UDC, Julio Abalde, que estiveron acompañados polo concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, e pola vicereitora da Universidade da Coruña, María José Lombardía. As bonificacións aplicaranse en virtude dun convenio asinado entre as dúas partes, cunha achega de 250.000 euros por cada unha delas e unha vixencia de dous cursos académicos (2022-23 e 2023-24).
“Esta medida que hoxe anunciamos entra dentro da nosa política de favorecer unha mobilidade accesible, segura e saudable. Apostamos polo uso do transporte público entre o alumnado universitario na cidade da Coruña, que na actualidade emprega, en gran medida, o vehículo propio para os seus desprazamentos aos centros de ensino”, sinalou a alcaldesa, Inés Rey. Desta forma, o Goberno municipal e a UDC universalizan un desconto no transporte universitario que, ata o momento, só era accesible mediante o sistema de bolsas anuais e para uns 1.500 estudantes e que agora chega á práctica totalidade dos matriculados.

A alcaldesa recordou que ademais da bonificación anunciada hoxe, na Coruña aplícanse rebaixas extraordinarias en todas as tarifas do bus urbano desde o pasado 1 de setembro, grazas ao desconto do 30% aprobado polo Goberno municipal con fondos do Estado. Ese
desconto podería chegar ao 50% segundo as bases da convocatoria, coa posible aportación do 20% adicional por parte das comunidades autónomas. “O noso compromiso coa transporte público queda claro, e gustaríanos que a Xunta de Galicia tivese a mesma implicación e colaborase na súa subvención, para que os descontos fosen aínda maiores”, detallou a rexedora, quen recordou que o Concello solicitou á Xunta en agosto a colaboración para abaratar o transporte urbano sin obter resposta á súa demanda.

A aplicación da bonificación ás viaxes en bus do alumnado universitario
A estimación do Goberno municipal e a Universidade da Coruña é que esta medida beneficiará a preto de 12.000 estudantes matriculados e matriculadas na UDC. Os estudantes que hoxe pagan 52 céntimos por viaxe pasarán a pagar 21 céntimos desde outubro.

Para acceder a esta nova bonificación, froito da colaboración entre o Concello da Coruña e a UDC, os estudantes que xa teñen a tarxeta Millenium terán que acudir a un caixeiro da entidade bancaria Abanca para activar o perfil universitario, paso tras o cal xa poderán contar, ao día seguinte da activación, co desconto en cuestión. Porén, os estudantes que non dispoñan aínda da tarxeta Millenium deberán solicitala nos cauces habituais (rexistros municipais; Centro Sociocultural Ágora; Oficina de Atención Municipal da Estación de Autobuses) para, posteriormente, activar tamén o seu perfil universitario.

Ademais, proximamente, estará dispoñible a app da tarxeta Millenium para todas aquelas persoas que desexen dispoñer das súas vantaxes por vía dixital.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas