Home A Coruña O Concello e a Xunta analizarán a viabilidade de asinar un convenio...

O Concello e a Xunta analizarán a viabilidade de asinar un convenio para implantar a nova liña de transporte interior en autobús pola Gándara, A Solaina e Freixeiro

- Anuncio -

A concelleira de Transporte, Mar Gómez, e o primeiro tenente de alcalde de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, desprazáronse esta mañá á Coruña para reunirse co xefe territorial da Consellería de Mobilidade, José Antonio Álvarez, co fin de analizar os problemas do servizo de transporte público en autobús na cidade. Dende o Consistorio naronés informouse en anteriores ocasións –dende o pasado ano- á administración autonómica da situación, incidindo na necesidade de que se implantase unha nova liña de transporte interior de transporte en bus polo tramo da Gándara, A Solaina e Freixeiro. Sánchez Fojo e Gómez incidiron na urxencia de que se atendan as demandas das usuarias e usuarios do servizo, entre eles alumnado que cursa estudios nos institutos da cidade e tamén persoas que se desprazan ao centro de saúde ou ao propio Concello, entre outros.

“A mellora da mobilidade en Narón é unha necesidade dende hai tempo e confiamos en que a Xunta e o Concello poidamos chegar a un acordo para subsanar as carencias do servizo”, asegurou Sánchez Fojo. Os edís naroneses e o representante autonómico acordaron definir un estudo de custes do servizo e horarios detallados, así como usuarios potenciais…. para analizar a viabilidade de rubricar un convenio que permita poñer en marcha esa nova ruta da liña de transporte.

Así mesmo, dende o Consistorio interesáronse ante Álvarez pola supresión na cidade da parada do bus que cubre a diario a liña Ferrol-A Coruña, solicitando que se restableza.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas