HomeA CoruñaO Concello e Agalure lanzan unha campaña para concienciar a mocidade sobre...

O Concello e Agalure lanzan unha campaña para concienciar a mocidade sobre a adición ás apostas deportivas

- Anuncio -spot_img

O Concello, a través da Área de Benestar Social, en colaboración coa Asociación Agalure, lanza a campaña “Aposa pola parte boa do deporte”, que busca aumentar a concienciación sobre un problema cada vez máis grave entre a mocidade como é a adición ao xogo.

O pazo de María Pita acolleu esta mañá a presentación desta iniciativa na que
participaron a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira,
o presidente de Agalure, Francisco Gil.
Yoya Neira apuntou a “importancia de traballar neste tipo de iniciativas nunha
vertente positiva e con referentes reais para as e os xoves” e destacou “o
compromiso do Goberno local na loita para combater todo tipo de adicións entre a
mocidade”. A concelleira manifestou que se trata dunha “campaña de sensibilización
en que as e os protagonistas son seis xoves deportistas da cidade, de entre 17 e 19
anos, que nos amosan que do deporte debemos quedarnos coa parte positiva, a
diversión, a práctica deportiva, o compañeirismo, e que as apostas nunca son un
Nota de Prensa
xogo”. Ademais, a campaña responde aos formatos de vídeo que utiliza a mocidade
hoxe en día, como son as historias de Instagram e os vídeos de Tik Tok.
O presidente de Agalure apuntou que as cifras en España son preocupantes,
“contamos coa taxa máis alta de Europa de ludópatas entre 14 e 21 anos”. Pola súa
banda, Neira matizou que “os datos poden ser máis preocupantes aínda se temos
en conta a dificultade de cuantificar a dependencia do xogo en menores de idade
porque precisamente non poden xogar de xeito legal”.
A titular de Benestar Social concluíu agradencendo a súa presencia aos
protagonistas da campaña e a Agalure “por esta idea e pola súa incansable labor na
que saben que contarán sempre co apoio do Concello da Coruña”.

Publicacións Relacionadas