Ambas institucións inician unha nova etapa de colaboración en beneficio da cidade
Inés Rey: “Tomamos esta decisión pensando no mellor para a cidade, o Deportivo e o futuro do deporte na Coruña”
Juan Carlos Escotet: “Iniciamos una etapa de entendimiento mutuo con el convencimiento de que la colaboración público-privada es la mejor herramienta para servir al interés general de los coruñeses”
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o presidente do RC Deportivo, Juan Carlos Escotet anunciaron esta mañá un acordo entre o Concello e os accionistas maioritarios do Deportivo para impulsar conxuntamente a modernización de toda a cidade deportiva de Riazor: o estadio, o Palacio de Deportes e o conxunto do seu entorno deportivo.
En palabras da alcaldesa “hoxe selamos unha alianza para o futuro do deporte en A Coruña, un proxecto que permitirá mellorar nosas infraestruturas deportivas e estará pensado para o Deportivo, para a súa afección e para toda a cidade”.
Juan Carlos Escotet pola súa banda destacou que “el proyecto que iniciamos no busca únicamente cumplir con requisitos externos o temporales; pretende evolucionar el estadio y su entorno para integrarlos plenamente en la vida diaria de la ciudad. Queremos un espacio que genere valor los 365 días del año, acogiendo actividad deportiva, social y cultural que beneficie a toda la ciudadanía”.
O proxecto contará tamén co apoio da Deputación provincial que se implicará tamén para que a cidade e a afección dispoñan dunhas instalacións “a altura do que merecen”.
A alcaldesa destacou que mantivo un diálogo construtivo co Deportivo para buscar unha solución positiva para todos, “froito dese diálogo tomamos unha decisión responsable: renunciar a continuar coa candidatura do Mundial e concentrar os nosos esforzos nun proxecto propio para Coruña”.
Pola súa banda o presidente do Deportivo puxo de manifesto que “como accionistas mayoritarios, queremos reiterar nuestro compromiso firme y a largo plazo con la inversión en el Deportivo y en el Complejo de Riazor. Entendemos nuestra presencia aquí como una apuesta por el crecimiento de la ciudad. El objetivo es consolidar una institución que actúe como motor de dinamización y que proyecte el nombre de A Coruña con rigor y profesionalidad, tanto dentro como fuera de nuestras fronteras. Este acuerdo representa una oportunidad de crecimiento ordenado para el RC Deportivo y constituye una mejora para las infraestructuras públicas de A Coruña”.
Con este acordo ambas institucións inician unha nova etapa de colaboración e de entendemento para mellorar as infraestruturas deportivas da cidade e fortalecer o papel do deporte na vida da Coruña.



