Home A Coruña O Concello e os panadeiros prevén despachar uns 8.000 bocadillos cardiosaudables na...

O Concello e os panadeiros prevén despachar uns 8.000 bocadillos cardiosaudables na XVIII Festa do Pan

- Anuncio -

• A Casa do Concello acolleu o acto de presentación, no que estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, os concelleiros do goberno local e representantes das panaderías participantes.

• O rexedor agradeceu “a enorme implicación e esforzo que vos panadeiros realizan ao longo destes días, nos que ademais do traballo habitual nos seus obradoiros hai que sumar ou que fan na Festa do Pan”.

Carral exaltará, ao longo da fin de semana, un dos seus produtos estrela: o seu pan. Farao coa celebración da XVIII Festa do Pan, organizada polo Concello e pola Asociación de Panadeiros. A Casa do Concello acolleu, esta mañá, a presentación da décimo-oitava edición, un acto no que estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, os concelleiros do goberno e representantes das panaderías participantes: Panadería Bonome Bouzas, Panadería Da Cunha, Panadería Manuel Rodríguez e Hijos, Panadería Mercedes, Panadería O Pincho, Panadería Paraíso, Panadería Pedro Fernández e Panadería Insua. Tanto o equipo de goberno como os propios artesáns encaran a celebración con “ilusión” e coa previsión de alcanzar unha cifra histórica: a de 8.000 bocadillos cardiosaludables vendidos na fin de semana.

Á venda e exaltación deste produto hai que sumar, ademais, a feira medieval, así como outra das propostas que solicitan unha maior aceptación na festa: os obradoiros de elaboración de pan para os nenos e nenas. Estas actividades realizaranse tanto o sábado, 7 de maio, como o domingo, día 8. Outra das grandes atraccións da feira será, sen dúbida, o clásico bocadillo cardiosaludable, elaborado a base de tomate, xamón serrano, aceite e, por suposto, pan de Carral.

O programa do sábado incluirá a actuación da charanga Noroeste, que interpretará temas durante todo o día, e a realización de talleres de xogos tradicionais a cargo de ACNUR e doutros artístico-lúdicos e de olaría. Todas as actividades para os pequenos e pequenas comezarán ás 16.30 horas. Ás 17.00 horas está prevista a exposición dos traballos feitos polo alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel e a organización do primeiro pase do espectáculo de animación ‘O circo’. O pregón terá lugar ás 21.00 horas e, ás 21.30 horas, a orquestra Claxxon pechará a xornada cun concerto.

A segunda e última xornada do programa arrincará o domingo, ás 11.00 horas, co inicio da exposición e venda de pan e do bocadillo cardiosaludable e cos obradoiros para os pequenos. A esa hora levarase a cabo tamén unha exhibición de cetrería e, ademais, a charanga Alambique poralle o toque musical á mañá. Ás 12.30 horas está prevista a misa solemne e, ás 14.00 horas, a sesión vermú a cargo da orquestra Miramar. A oferta para os nenos e nenas retomarase en horario de tarde, a partir das 16.30 horas. A Asociación de Baile ‘O Rueiro’ de Tabeaio actuará ás 17.00 horas e, a continuación, o público asistente poderá gozar do espectáculo de animación ‘Bufóns e Trobadores’. O evento pecharase ás 20.00 horas coa música da orquestra Miramar.

Durante a presentación, o rexedor agradeceu “a enorme implicación e esforzo que os panadeiros realizan ao longo destes días, nos que ademais do traballo habitual nos seus obradoiros hai que sumar o que fan na Festa do Pan”.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas