Home A Coruña O Concello edita 'Un paseo singular por Compostela', que recolle dous textos...

O Concello edita ‘Un paseo singular por Compostela’, que recolle dous textos de Victoriano García Martí onde converte a Rosalía en guía turística da cidade

- Anuncio -

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa a publicación, acompañada pola autora, Arantxa Fuentes Ríos, profesora da Facultade de Filoloxía da USC.

O libro, publicado en castelán e en galego e do que o Concello editou unha tirada de 1000 exemplares, recolle dous textos de Victoriano García Martí onde converte a Rosalía de Castro en guía turística da cidade de Santiago de Compostela. A guía inclúe unha breve biografía de García Martí e o trazado dos correspondentes roteiros pola Compostela monumental.

“Con este libro, dunhas 40 páxinas, continuamos recoñecendo a figura de Victoriano García Martí, humanista, escritor e defensor de Galicia, ao que xa homenaxeamos hai algo máis dun ano, o 22 de xaneiro de 2022, cando colocamos unha placa, lémbrandoo, na casa na que viviu, aquí en Santigo de Compostela”, indicou a concelleira de Acción Cultural.

Nas páxinas “unifícanse a querenza que García Martí profesou pola cidade de Santiago de Compostela, á que adicou numerosos ensaios e artigos, coa que profesou pola figura rosaliana”, sinalou citando o texto de Arantxa Ríos. Con esta obra, “imos un paso máis aló, ao trasladar a estes dous roteiros que nos describe a publicación, esta admiración de Victoriano e Rosalía, que se transforma nunha marabillosa simbiose coa cidade de Compostela”

Mercedes Rosón animou a toda a veciñanza de Compostela a percorrer estes dous roteiros, que se suman “aos númerosos paseos que nos ofrece Santiago: literarios, feministas, artísticos, etc., que xa presentamos, aquí, noutras ocasións”.

Da obra fíxose unha edición de cincocentos exemplares en galego e outros tantos en castelán, que están dispoñibles na oficina de Turismo de Santiago e na Zona C, na Praza de Cervantes. A edición desta obra únese a outras accións e actividades programadas pola concellaría de Acción Cultural con motivo do día de Rosalía de Castro, que se celebra o 23 de febreiro, e que se presentarán próximamente.

A autora agradeceu a colaboración do Concello na publicación e salientou que esta obra “é un paso máis aló no rescate da figura de García Martí, esquecida durante anos”. Permite, engadiu, lelo directamente, “achegarse á súa obra”. Da publicación, Arantxa Fuentes destacou o texto no que García Martí, “colle literalmente a figura de Rosalía de Castro e ficcionalízaa, converténdoa nunha guía turística. Unha proposta turística de homenaxe á escritora e de difusión dos seus versos, moi moderna para a época”.

A autora rematou a súa intervención agradecendo a colaboración nesta obra de Agustín González Fernández, autor das fotos, e Víctor Bouzas, que realizou o mapa incluído na parte final da publicación.

A autora

Arantxa Fuentes Ríos é profesora na Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Literatura comparada e Teoría da Literatura. A raíz da súa labor investigadora rescatou do esquecemento a figura de Victoriano García Martí, do que publicou diversos traballos científicos. Destaca o libro Por los caminos del siglo XX. Obra periodística olvidada (1914-1963) de Victoriano García Martí, publicado por Alvarellos e o Consorcio de Santiago.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas