Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, o Concello editou un vídeo protagonizado por mulleres que participan en distintas entidades deportivas do municipio. O vídeo poderá visualizarse a partir de mañá nas redes sociais do Concello e pon de manifesto o dereito das mulleres a estar en todos os ámbitos. O deporte é dereito, é saúde, é comunidade, é liberdade.
O Concello agradece a todas as mulleres participantes e aos distintos clubs e entidades a súa boa disposición e colaboración para a realización deste vídeo.



