HomeA CoruñaA CoruñaO Concello esíxelle á Xunta máis axudas á hostalaría que de novo...

O Concello esíxelle á Xunta máis axudas á hostalaría que de novo volver ser o sector máis prexudicado

- Anuncio -spot_img

Respecta as limitacións anunciadas polo Goberno autonómico para frear a pandemia pero entende que estas restricións deben ir acompañadas de axudas con maiores contías e máis áxiles

O Concello concedeu polo momento o 73% das axudas solicitadas por un total de 777 hostaleiras/os, o que supuxo un desembolso de 1,5 millóns de euros

Ante as novas restricións anunciadas esta tarde pola Xunta de Galicia na cidade, o Concello recorda que sempre respectará as decisións do comité clínico de cara a frear o avance da pandemia mais ve preciso que a Xunta incremente as axudas aos sectores especialmente afectados polas medidas adoptadas, sobre todo, o da hostalaría. Desde María Pita apuntan que até o de agora os principais apoios recibidos partiron do consistorio.

En concreto, un total de 777 hostaleiras/os solicitaron axudas directas a través do PRESCO, das que o 73% xa foron aprobadas cun desembolso de 1.523.993 millóns de euros. Ademais, o Goberno local inxectou 43.500 euros aos locais que se adscribiron aos bonos do Plan de reactivación económico e social cos que tratou de incentivar o consumo neles por parte da cidadanía. Neste caso, este tipo de subvencións viuse afectado polo peche dos negocios de forma intermitente nos últimos meses e polas limitacións de capacidade e nos horarios de apertura ditaminadas polo Goberno autonómico.

Canto a outras cuestións, o Concello anunciou un novo calendario fiscal adaptado ás circunstancias facilitándolles os pagos, así como se lles permitiu ás e aos hostaleiros a opción de melloraren os seus servizos ampliando o espazo para a instalación de máis mesas e engadindo terrazas nas prazas de aparcamento.

O Goberno local non lles cobrou ás persoas autónomas e empresarias do comercio e da hostalaría a taxa de recollida de lixo do segundo trimestre en que a actividade económica estivo paralizada pola pandemia. Seguidamente quedaron tamén exentas do pago do imposto polas terrazas durante todo o 2020 e no 2021. Así mesmo, o Concello acordou en decembro reducir un 100% o pago de taxas de lixo, auga e saneamento durante o peche total de locais e negocios en 2021 e estableceu unha segunda redución do 50% na cota que teñan que aboar as persoas autónomas, micropemes e pemes nos restantes períodos do ano 2021 en que a Xunta de Galicia decrete peches parciais como autoridade sanitaria. Neste paquete de medidas acordadas, incluíronse posibles beneficios fiscais que poidan minorar o impacto da crise económica derivada da COVID-19.

Por todo iso, desde o Goberno de Inés Rey lembran que a Xunta como administración competente debe aumentar a contía das axudas aos establecementos hostaleiros xa que até o momento a maioría aínda non se materializaron.

Segundo o concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage Tuñas, o Concello ofrecerá unha máxima colaboración institucional coa Xunta para combateren a Covid-19.

Publicacións Relacionadas