Home A Coruña O Concello executa melloras na rede de abastecemento municipal cun investimento de...

O Concello executa melloras na rede de abastecemento municipal cun investimento de máis de 50.000 euros

- Anuncio -

• Os proxectos comprenden traballos nos núcleos do Carabullo, O Xunco, a Escola de Seixas, Latas, Pena do Pazo e Bustabade.

O Concello das Somozas está a traballar en diversos proxectos de mellora na rede de abastecemento de auga municipal cun investimento total que supera os 50.000 euros financiados con fondos propios.

As intervencións estanse a realizar nos núcleos do Carabullo, O Xunco, a Escola de Seixas, Latas, Pena do Pazo e Bustabade.

O primeiro deles contempla a ampliación ó Carabuxo e O Xunco, na parroquia de Seixas, onde se están a estender 1.150 metros de tubaxe de polietileno de
40 milímetros de diámetro.

No caso da Escola de Seixas, a actuación comprende un incremento do servizo con 230 metros de tubaxe de polietileno de 64 milímetros de diámetro. En Latas, tamén na parroquia de Seixas, dispoñeranse 620 metros de canalización do mesmo material e con 40 milímetros de diámetro.

Finalmente, os núcleos de Pena do Pazo e Bustabade contarán con 950 metros de tubaxe de polietileno de entre 63 e 40 milímetros de diámetro.

Este conxunto de obras, segundo explicou o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, “concretan o plan de mellora das infraestruturas municipais que se está a realizar en todo o conxunto de parroquias”. Neste sentido, o rexedor lembrou que “o Concello, ao longo destes últimos meses, leva realizadas intervencións con fondos propios coas que mellorou espazos como o CEIP O Marbán, a contorna da capela da Toca ou o acondicionamento final do novo centro cívico das Somozas”.

Relacionadas

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín, que se...

0
“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo...

Publicacións Relacionadas