Home A Coruña O Concello executa obras de ampliación da rede de saneamento e melloras...

O Concello executa obras de ampliación da rede de saneamento e melloras na pista polideportiva de San Mateo orzamentadas en conxunto nuns 205.000 euros

- Anuncio -

O Concello destinou unha partida de preto de 160.000 euros á materialización do proxecto de ampliación da rede de saneamento na parroquia de San Mateo. Os traballos están actualmente en execución e esta mesma mañá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para ver o avance dos mesmos. “A instalación dun colector nesta parroquia permitirá recoller os verquidos de ata un potencial de medio cento de vivendas nos vindeiros anos, dotándoas dun servizo do que ata o momento carecían e sobre o que continuamos acometendo importantes proxectos na zona rural”, destacou Ferreiro.

A actuación lévase a cabo en seis tramos, de diferentes pendientes e lonxitudes e esta mesma mañá operarios da empresa adxudicataria traballaban nun dos tramos, nas excavacións previas á instalación da canalización por onde discurrirá a rede. Os verquidos das vivendas ubicadas na zona do proxecto encauzaranse cara á rede actualmente operativa no Camiño de Vilar, tal e como figura no proxecto.
“Dende o goberno local continuamos apostando por ampliar a rede de saneamento no rural, evitando así a construción e o uso de fosas sépticas que en ocasións teñen certos riscos de fugas, co impacto negativo que estas teñen sobre o medio ambiente”, apuntou a rexedora local.

Os traballos, tal e como recordou a alcaldesa, permitirán ofrecer unha continuidade no servizo na parroquia de San Mateo, onde xa se materializaron, nese caso a través da empresa mixta de augas do municipio, Cosma, outros traballos para implantar a rede, como é o caso do lugar da Calliqueira, onde xa se investiron algo máis de 100.000 euros.

Ferreiro subliñou que “seguiremos destinando recursos propios, ante a falta de respaldo doutras administracións no noso concello, a avanzar na implantación da rede de saneamento na zona rural porque entendemos que é un servizo moi necesario e que se debe ofrecer en todos os casos nos que sexa viable a materialización dos proxectos”.

A maiores, dende o Concello tamén se está executando na parroquia de San Mateo o acondicionamento da pista polideportiva, localizada nas inmediacións do Centro Cívico Social, para uso e desfrute das veciñas e veciños. Neste caso, tal e como indicou a alcaldesa, o investimento ronda os 45.000 euros, “unha contía que permitirá esta instalación municipal”.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas