HomeA CoruñaO Concello finaliza a renovación do parque infantil de Callobre cun investimento...

O Concello finaliza a renovación do parque infantil de Callobre cun investimento de máis de 28.000 euros

- Anuncio -spot_img

Manuel Vázquez Faraldo visitou as novas instalacións acompañado por concelleiros do goberno local e a presidenta da asociación de veciños ‘Anduriña’

Os traballos incluíron a substitución completa do valado perimetral, o chan de caucho continuo e todos os elementos de xogo

O Concello de Miño deu por concluídas as obras de remodelación integral do parque infantil situado na parroquia de Callobre. Para comprobar o resultado final dos traballos, o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, visitou recentemente as instalacións acompañado por membros do goberno local e pola presidenta da Asociación de Vecinos (AVV) ‘Anduriña’ de Callobre.

A actuación, que responde as demandas das familias da zona para actualizar esta área de xogos, contou cun orzamento de máis de 28.000 euros. As obras consistiron nunha transformación completa do recinto, priorizando a seguridade e a accesibilidade para os nenos e nenas. En concreto, procedeuse á retirada das estruturas antigas e á instalación de novos xogos infantís.

Ademais, a intervención contemplou a renovación de todo o pavimento de caucho continuo, fundamental para garantir a correcta absorción de impactos e o cumprimento das normativas vixentes en materia de seguridade infantil. Para rematar, substituíuse o antigo valado perimetral por un novo, delimitando e protexendo a área de xogo de forma eficaz.

Publicacións Relacionadas