A actuación contou cun orzamento de 53.243,63 euros e foi financiada a través do POS+ da Deputación da Coruña
As obras incluíron a substitución do peche perimetral, a instalación dun novo chan de caucho e a colocación de novos xogos
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, acompañado polos concelleiros de Mantemento e Obras e de Servizos Sociais, participou onte na recepción da obra de renovación integral do parque infantil de Bemantes, situado xusto á beira do local social da parroquia. No acto participaron, ademais, membros da directiva da Asociación de Veciños A Irmandade.
A actuación contou cun orzamento de 53.243,63 euros e foi financiado a través do Plan de Obras e Servizos (POS+) da Deputación da Coruña.
As obras incluíron a renovación completa deste espazo infantil, coa substitución do peche perimetral, a instalación dun novo chan de caucho e a colocación de novos xogos.
Con esta intervención, tal e como destacou o rexedor, “mellóranse as condicións de seguridade e accesibilidade do parque”, ao mesmo tempo que se dota á parroquia dun espazo renovado para o lecer dos máis pequenos e pequenas.



