Home A Coruña O Concello habilitará a mediados de novembro un novo sistema de citas...

O Concello habilitará a mediados de novembro un novo sistema de citas presenciais e telefónicas para axilizar o avance e resolución dos expedientes de Urbanismo

- Anuncio -

O concelleiro Francisco Díaz Gallego anunciou hoxe que, a maiores da cita previa xeral, xa implantada, está previsto que o persoal técnico responsable de cada expediente atenda un día á semana aos particulares que os promoven

O Concello da Coruña activará nas vindeiras semanas un novo sistema de citas, por vía presencial e telefónica, ideado para axilizar e facilitar o avance e resolución dos expedientes relativos ás áreas de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda.

Confirmouno así este mércores o concelleiro Francisco Díaz Gallego, durante a xornada informativa sobre o servizo de licenzas que impulsaron, de forma conxunta, o Concello e a delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) na Coruña. O coloquio tivo lugar esta tarde na súa sede da rúa Federico Tapia.

Na charla abordáronse tres das grandes novidades nas que está a traballar a Concellaría de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda para reforzar e facer máis fluídos os trámites administrativos do servizo de licenzas. En primeiro lugar, o novo modelo de informe técnico, “que todas e todos os técnicos do servizo levan aplicando xa desde hai uns meses”.

Por outra banda, Gallego destacou que, a maiores da cita previa xeral presencial, xa implantada, o Concello porá en marcha o 18 de novembro un novo sistema de citas nas que os técnicos responsables de cada expediente informarán dos mesmos ás e aos interesados. “Durante ese día en cuestión, o técnico atenderá exclusivamente consultas presenciais e telefónicas de expedientes que teña asignados”, explicou o concelleiro. Para isto, habilitaranse espazos físicos na sede da Concellaría, situada na praza Indalecio Prieto.
Ademais, tamén se trasladará información sobre os criterios técnicos de licenzas, que se están validando entre todas e todos os profesionais do servizo en reunións periódicas quincenais, e que se irán publicando na web de Urbanismo. “O obxectivo é visibilizar os criterios oficiais e clarificar o día a día da oficina para que haxa un coñecemento xeral do noso traballo”. Estas pílulas informativas tamén comenzarán a publicarse o 18 de novembro.
No coloquio desta tarde na sede coruñesa do COAG, no que tomaron parte Gloria de la Montaña, directora da área de Urbanismo, e Yolanda Teixido, xefa de servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística, tamén se notificou que se atenderán consultas das e dos colexiados, unha iniciativa que dá continuidade á estreita colaboración entre o Concello e o Colexio, actualmente en negociacións para a adhesión do Concello á plataforma de presentación de licenzas do COAG.

Relacionadas

O Concello de San Sadurniño programa varias actividades con motivo do Día Internacional da...

0
O 25 de novembro é a data elixida para reivindicar en todo o mundo a erradicación de todas as violencias que se seguen exercendo...

O Concello recibe un valioso exemplar de ‘20.000 leguas de viaxe submarina’, que será...

0
Trátase dunha primeira edición da obra de Julio Verne que foi entregada á alcaldesa, Inés Rey, na sala Nautilus do museo  O Aquarium Finisterrae recibiu...

Traballos de mantemento dos bloques de granito nas estradas peonís Ribeira, 6 de novembro...

0
O Concello de Ribeira está desenvolvendo tarefas de mantemento, mellora e arranxo das lousas e pedras nas zonas peonís do municipio. O concelleiro de obras,...

Neda impulsará charlas de concienciación ambiental nos coles dentro da Semana Europea da prevención...

0
Neda sumarase este ano á Semana europea da prevención de residuos, que se celebra do 16 ao 24 de novembro, programando charlas para o...

Neda abre este venres o prazo para solicitar a participación dos nenos e nenas...

0
O Concello de Neda abre este venres a preinscrición na Campaña de Neve 2025, promovida pola Deputación da Coruña, para nenos e nenas empadroados...

Ribeira clausura un exitoso programa de emprego

0
Hoxe celebrouse no Auditorio de Ribeira a clausura do Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira ao que asistiron para a súa clausura...

Publicacións Relacionadas