Home A Coruña O Concello habilitará un área recreativa e miradoiro no Alto da Vela

O Concello habilitará un área recreativa e miradoiro no Alto da Vela

- Anuncio -

· Para financiar a actuación, que suporá un investimento de 29.983,80 euros, o Concello acadou unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia.

· O obxectivo é crear unha área recreativa, integrada na paisaxe e conectada coa Ruta Litoral de Camariñas, con zona de observación e interpretación da ría, da flora e fauna da franxa litoral.

· Instalarase a sinalización correspondente, adecuarase a superficie da parcela, plantarase unha árbore, habilitarase unha zona de bancos e colocaranse postes cilíndricos.

O Concello de Camariñas habilitará un área recreativa no Alto da Vela, xunto á estrada que conecta o centro da Vila co Cabo Vilán, que funcionará, ademais de como zona de parada para os sendeiristas que percorren a Ruta Litoral de Camariñas, como miradoiro privilexiado da ría e a biodiversidade da costa.

Para financiar esta actuación, que suporá un investimento total de 29.983,80 euros, o goberno local acadou unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, dentro da liña de mellora das infraestruturas turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes.

O obxectivo desta actuación é crear un área recreativa con zona de observación e interpretación da paisaxe e fauna avícola da franxa litoral, dotada de elementos interpretativos do espazo Rede Natura. Un espazo directamente relacionado coa ‘Ruta Litoral de Camariñas’ xa que vai permitir a súa conexión con ela.

A alcaldesa, Sandra Insua, destacou a importancia de “a través deste proxecto, poñer en valor o espazo Rede Natura como recurso turístico tanto para o desfrute dos veciños e veciñas de Camariñas como para fomentar o turismo de natureza”. “Son moitos os e as visitantes que se achegan a Camariñas e visitan o Faro Vilán, agora terán un novo lugar de interese”, afirmou.

Os traballos a levar a cabo para a execución deste proxecto, que se integrará o máximo posible na contorna e será respectuoso cos obxectivos e finalidades da Rede Natura 2000, inclúen a instalación da sinalización nos principais accesos ao lugar, a creación dunha plataforma de formigón, a plantación dunha árbore para crear un efecto de primeira pantalla vexetal con respecto á estrada, a habilitación dunha zona de bancos e a colocación de 16 postes cilíndricos que actuarán de barreira entre a zona habilitada e o resto da parcela.

Relacionadas

O espazo infantil a carón do Centro Sociocultural de Lavacolla, leva, desde hoxe, o...

0
A zona infantil situada detrás do Centro Sociocultural de Lavacolla, chámase, desde hoxe, "Parque infantil de Janusz Korczak". O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu...

O Concello celebra a Festa da Primavera o 1 de abril en Santa Margarida,...

0
Los Brincos, Amizades, Son d’aquí e Os Viqueiras actuarán desde as 13.30 horas e durante toda a xornada haberá filloas da Filloeira de Lestedo...

A Xunta remata as obras de saneamento e abastecemento en distintos lugares da parroquia...

0
― A intervención mellorou os sistemas dos servizos municipais entre os lugares de Mirón, A Chamusqueira, Capela de San Roque, O Campo da Pedra,...

O Concello reurbaniza a rúa Jorge Borrow mellorando a súa accesibilidade

0
Estanse a ampliar as beirarrúas e crearase un novo paso de peóns no cruzamento coa rúa Nebrija O Concello da Coruña, a través da súa...

Luís Pérez: “Imos facer que vos sintades orgullosos de ter confiado en nós”

0
Os nacionalistas presentaron, na Lonxa de Ribeira, un equipo renovado e capacitado que vai facer unha Ribeira en grande Nun ateigado salón de actos da...

A Coruña presenta en Suíza a súa oferta turística e cultural, impulsada coa nova...

0
O voo inaugural entre a cidade helvética e o aeroporto coruñés sairá mañá ás 12.00 horas. Haberá dúas conexións semanais entre A Coruña e...

Publicacións Relacionadas