Home A Coruña O Concello homenaxea nos xardíns de Maestranza ao xeneral Sir John Moore...

O Concello homenaxea nos xardíns de Maestranza ao xeneral Sir John Moore e aos caídos na defensa da cidade durante a Batalla de Elviña

- Anuncio -

A alcaldesa, Inés Rey, participou na entrega das Medallas de Ouro concedidas hoxe en María Pita aos investigadores María Fidalgo e Iván Fernández, así como á Cruz Vermella Española como entidade galardoada

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu hoxe, no salón de sesións do Pazo Municipal de María Pita, o acto de entrega das Medallas de Ouro Conmemorativas da Batalla de Elviña 1809-2022, concedidas a María Fidalgo Casares, historiadora, investigadora e crítica de arte; a Iván Fernández Amil, investigador e articulista; así como á Cruz Vermella Española, representada no acto pola súa presidenta provincial, Mercedes Casanova, como a entidade galardoada.

Inés Rey, acompañada en María Pita por Manuel Arenas, presidente da Asociación Histórico Cultural Royal Green Jackets, amosou o seu agradecemento as e os galardoados nun acto cheo de simbolismo, ás portas de cumprirse o 213º aniversario da Batalla de Elviña —tamén coñecida como a Batalla da Coruña—, acontecida durante a Guerra de Independencia Española no ano 1809 no contexto das Guerras Napoleónicas.

A continuación, a alcaldesa encabezou o acto de ofrenda ao xeneral Sir John Moore e aos
caídos durante a Batalla da Coruña. A homenaxe levouse a cabo nos xardíns da Real Maestranza, coa presenza do presidente da Asociación Histórico Cultural Royal Green Jackets, Manuel Arenas; o xeneral xefe de Apoio á Maniobra, D. Juan Francisco Arrazola; e o director do Museo Militar da Coruña, o coronel D. Antonio Montero.

Xunto a estatua en homenaxe a Diego del Barco y de la Zendeja, heroe coruñés da Guerra
de Independencia, realizouse unha ofrenda floral ao xeneral británico Sir John Moore e
tamén aos falecidos na defensa da cidade durante a batalla, gardándose a continuación un
minuto de silencio polos caídos. Por último, e despois das salvas de mosquete, o acto rematou coa interpretación dos himnos de Francia, Gran Bretaña e España.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas