HomeA CoruñaA CoruñaO Concello impulsa o acondicionamento da estrada entre Miodelo e San Fiz...

O Concello impulsa o acondicionamento da estrada entre Miodelo e San Fiz de Vixoi

- Anuncio -spot_img

· O proxecto mellorará a seguridade viaria e a accesibilidade nun tramo crave do municipio.

O Concello de Bergondo sacou a licitación o proxecto de acondicionamento das marxes da estrada que une Miodelo con San Fiz de Vixoi ata a CP-0801. Esta iniciativa, que se incluíu no POS Adicional do 2023, ten como principal obxectivo mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nun tramo de especial importancia para a mobilidade dentro do municipio.

O proxecto contempla a instalación dunha nova rede de pluviais nas marxes de actuación, en substitución das cunetas de terra actualmente existentes. Ademais, levará a cabo a reposición de pavimentos e a mellora de accesos, incluíndo a instalación de pavimento de lastra e formigón en determinadas zonas. Tamén se reforzará a sinalización e implementaranse medidas de seguridade adicionais.

Desde o goberno local destacan a relevancia desta actuación para garantir a comodidade e seguridade de peóns e condutores. Así mesmo, recalcan que este acondicionamento responde á necesidade de modernizar a infraestrutura viaria municipal, facilitando o tránsito e reducindo riscos asociados ás condicións actuais do firme e a evacuación de augas pluviais.

O orzamento basee de licitación do proxecto ascende a 385.988,38 euros. Dentro da desagregación orzamentaria, destínanse máis de 140.000 euros á mellora da rede de pluviais, 114.885 euros á reposición do pavimento e máis de 37.000 euros a traballos previos, ademais de partidas específicas para sinalización, xestión de residuos e seguridade.

O Concello de Bergondo subliña que esta intervención contribuirá significativamente a mellorar a calidade de vida dos veciños, fomentando unha mobilidade máis segura e accesible. Ademais, insisten no seu compromiso coa mellora continua da rede viaria municipal e a adecuación de infraestruturas ás necesidades dos cidadáns.

Publicacións Relacionadas