HomeA CoruñaO Concello impulsa unha campaña de sensibilización ambiental coa organización de 5...

O Concello impulsa unha campaña de sensibilización ambiental coa organización de 5 obradoiros para a veciñanza

- Anuncio -spot_img

 Todos se desenvolverán no Consistorio e o primeiro será o vindeiro sábado 24 de xaneiro ás 10:00 horas.

O Concello de Paderne impulsa unha campaña de sensibilización ambiental coa organización de 5 obradoiros para a veciñanza. Todos se desenvolverán no Consistorio e o primeiro será o vindeiro sábado 24 de xaneiro ás 10:00 horas. Versará sobre árbores froiteiras de óso, con sesión teórica e práctica sobre abono, poda e multiplicación.
O sábado 21 de febreiro, tamén no Consistorio ás 10:00 horas, quenda do de árbores froiteiras de semente e kiwi, tamén con sesións teórica e práctica. O de construción de trampas para a captura da vespa velutina, con sesións teórica e práctica o venres 6 de febreiro e o venres 13 de marzo, ás 20:00 horas no Consistorio. O 21 de marzo, ás 10:00 horas no Consistorio, o de cítricos e aguacate. O 11 de abril ás 10:00 horas no Consistorio organizarase o de iniciación á apicultura.
Para todos eles é necesario inscribirse previamente, formalizándose nas oficinas administrativas do Concello de Paderne. Desde o equipo de goberno animan á veciñanza a asistir “a estes talleres, no que participarán expertos nas temáticas que protagonizan cada sesión e que dotará de coñecementos e habilidades prácticas para tarefas que non son tan habituais.”

Publicacións Relacionadas